viernes, 18 de mayo de 2012

18 de maio :DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Un museo  é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.
En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.









O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo desde 1977, segundo a resolución 5, tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos), en Moscova. Cada ano, un tema é elixido polo Consello Consultivo. O evento ofrece a oportunidade aos museos e aos seus profesionais para achegarse ao público e á sociedade e de facerlles coñecer os cambios que os museos desenvolven posto que son -como expresa a definición do ICOM do que é o Museo-unha institución ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. O lema elixido é tamén discutido en Noticias do ICOM, unha revista que dá a coñecer as súas actividades e distribúese entre os membros do ICOM. 
O Día Internacional do Museo é un motivo para propiciar as iniciativas que promovan as súas institucións, destinadas ao público, intentando ademais dirixir a atención das institucións das que dependen e dos gobernos cara ás funcións e necesidades dos museos, e incrementando o diálogo entre os profesionais e as distintas disciplinas ou especialidades.

O lema deste ano: 
“Museos en un mundo cambiante. Nuevos retos, nuevas inspiraciones”



PODEMOS VISITAR OS  MUSEOS NA CONTORNA:


En Sada-O Castro de Samoedo:


      Museo Galego de Arte Comtemporaneo Carlos Maside

En Betanzos:


       Museo de As Mariñas
      Museo Fundación CIEC


En A Coruña:

jueves, 17 de mayo de 2012

17 DE MAIO 2012 - LETRAS GALEGAS



Cada  ano, e  nesta data,  un escritor galego  é homenaxeado , e neste 2012  é Valentín Paz Andrade.



Valentín Paz Andrade, naceu na parroquia de Lérez, provincia de Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Estudou o bacharelato en Pontevedra e foi á Universidade a Santiago de Compostela onde estudou para avogado. Dende moi novo escribiu en xornais e revistas, chegando a dirixir durante cinco anos o xornal GALICIA, e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. A Valentín gustáballe moito o mar e a pesca, por iso fundou, xunto con outras persoas a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia e colaborou na FAO unha organización que se encarga de controlar a pesca en todo o mundo

Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con "Pranto Matricial", adicado a Castelao. Posteriormente publicou "Sementeira do Vento" e "Cen Chaves de sombra".






Aquí vai un   LIM feito polo profesorado do CEIP Frián-Teis, moitas grazas polo voso traballo:




       http://www.chiscos.net/xestor/chs/frian/valentin_peques/xogo.html





FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!!!!!!!

martes, 15 de mayo de 2012

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA




            Hoxe 15 de maio  celebrase o Día Internacional da Familia, dende que no el ano 1993 a Asamblea Xeneral das Nacions Unidas decidiu elexir este día para a  súa conmemoración.

            A familia, nas súas diferentes formas, é o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nenos medran e son educados, onde deben recibir amor, coidados e proteción, ademáis dunha formación integral como seres humanos.
          
            Hoxe hai familias monomarentais, algunhas monoparentais, familias nas que os pais non conviven e incluso outras nas que os pais ou nais son dúas persoas do mesmo sexo. Pero todas se nutren do impulso biolóxico e  emocional que é ese desexo de reproducir nosos xenes e ser con eles eternos. Criar nenos sans, felices, libres e non violentos é o reto que teñen as familias de hoxe, formar o niño onde nosos pitiños aprenderán a voar para chegar onde súas ás lles leven, movidos pola convición de que é posible cambiar o mundo.
            
            Con este Día Internacional da Familia  preténdese concienciar sobre os temas relacionados coa  familia e mellorar a capacidade das nosas institucións para enfrentar problemas relativos a ela mediante políticas globais. A Humanidade cambia hoxe como ten cambiado ao longo da historia e protexer a familia é dar cabida ás diferentes fórmulas que as persoas atopan para vivir  as súas realidades en toda a súa diversidade e libremente.




FELIZ DÍA DA FAMILIA A TODOS E TODAS!!!!






CONTO SOLIDARIO:  "Una familia grande para un nido pequeño"




CANTIGA:         "La familia unida"