jueves, 7 de junio de 2012

VISITA DAS ESCOLAS DO CRA AO CPI CRUZ DO SAR




LIBROS + AMIZADE +COR = EMOCIÓN

A BIBLIOTECA NO CPI CRUZ DO SAR

Loli, a bibliotecaria do “cole dos maiores”, contounos na biblioteca unha historia preciosa:

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELLO.




un día Mamá azul díxolle: “Teño que sair, espérame na casa”. Pero pequeno azul foise buscar a pequeno amarelo á casa de diante. A  casa estaba baleira.¿Onde estaría pequeno amarelo? Buscóuno por todas partes…ata que, de súpeto, á volta da esquina ¡Ali estaba Pequeno Amarelo” . Moi contentos abrazáronse. Abrazáronse tan forte que……..


Leo Lionni (Amsterdam 1910-Toscana 1999) presentanos esta pequena obra de arte da literatura infantil que saliu do seu maxín casi por casualidade. Durante unha viaxe en tren ocurriúselle a idea de entreter aos seus netos creando unha historia a partires de anacos de papel…así surdiu “Pequeno azul e pequeno amarelo”, o primero dunha longa lista de máis de 40 obras aclamadas por la crítica especializada, coma : “Frederick”, “Nadarin”, “A casa máis grande do mundo” etc.
Este libro, a simple vista tan sinxelo, está de cheo de valores fundamentais, que permitirános traballar no só a nivel plástico cós nenos se non mais aló do puramente artístico.

“Dous pequenos cores fúndense nunha aperta sen se percatar e sen importarlles que se convirten nunha nova cor, o que fai que ninguén lles recoñeza. A exclusión por parte dos outros fai que o chorar que isto lles provoca, convírtalles na súa coor orixinal. O descubrimento do ocontecido fai que compartan coa súa familia e amigos e con ledicia este novo feitoo. Así é como todos xogaran a mexturarser e a descubrir novas gamas cromáticas.”

A historia destaca pola ternura e orixinalidade da propuesta plástica en armonía cun texto de frases sinxelas e descriptivas moi pretas aos nenos.

Dende o sinxelo relato atopamos valores importantísimos a traballar non só cos nenos, tamén cos maiores , como son a
AMIZADE, A INOCENZA, A IDENTIDADE INDIVIDUAL E COLECTIVA, A IGUALDADE.
LEO LIONNI TRANSMÍTENOS DE TAL XEITO QUE NON IMPORTAN AS DIFERENCIAS ENTRE AS PERSOAS CANDO O RELEVANTE É A SOLIDARIDADE, A COMPRENSIÓN, A NON EXCLUSIÓN E A CONVIVENCIA.