domingo, 3 de marzo de 2013

OS IRMÁNS GRIMM.


Os alumnos e profes do CRA de Bergondo visitamos...ALEMAÑA.


MADLENKA  segue a viaxar polo mundo, e nós con ela.
Nesta volta quedamos en EUROPA de novo.
Coa avoiña GRIMM descobre un país no medio do continente.
É ALEMAÑA... 

Algúns dos escritores de contos máis famosos do mundo naceron en ALEMAÑA. E de seguro que coñeces moitísimos dos contos tradicionais recollidos polos irmáns GRIMM, sen dúbida parentes da avoa veciña de MADLENKA.



BREVE BIOGRAFÍA

Jacob y Wilhelm eran os maiores de sete irmáns.
Jacob naceu en Hanau o 4 de xaneiro de 1785. Wilhelm en Hanau o 24 de febreiro de 1786.
Pola pouca diferencia de idade, medraron juntos.
A aos seus 13 e 12 anos, ingresaron a estudiar no Lyzeum, en Kassel, nun colexio para a clase alta.
Logo estudaron na universidade de Marburgo. Eran profesionais en dereito, letras, filoloxía, e literatura. Foron profesores universitarios. Traballaron na Universidade de Gotinga e na de Berlín.
Interesáronse moito nos antiguos contos folclóricos alemans e franceses, que recolectaron de moitas fontes, coleccionaronos e os publicaron co nome de "Kinder- und Hausmärchen" (Contos para a infancia e o fogar) (2 volúmenes, 1812-1815). Dita publicación foi aumentada en 1857, e coñecida como "Cuentos de hadas de los hermanos Grimm."  Alguns contos xa foran publicados moitos anos antes polo escritor Charles Perrault,  tales como Carapuchiña Vermella, Cincenta, A Bela Durminte, Pulgarciño, O Gato con Botas, que aparecen eiquí con algunhas modificacions con respecto ao orixinal de Perrault.
Ambos irmáns colaboraron na realización de moitas outras obras.
Foi o  “Diccionario alemán” a súa obra compartida.
Wilhelm morreu o 16 de decembro de 1859 e Jacob o 20 de setembro de 1863 .
Algúns dos títulos más populares:Caparuchiña Vermella, O Sastriño Valente, Brancaneves e os sete ananos, Cincenta, Os Músicos de Bremen, O Rey Rá, Pulgarciño, O lobo e as sete cabriñas, Hansel e Gretel.....


                     "OS CoNTOS Dos iRMáNS GRIMM nun DOODLE DE GOOGLE":







"20 Dec, 2012 – Os contos dos irmáns Grimm cumpren hoxe 200 anos dende a publicación da súa primeira edición en decembro do ano 1812."









  Esta semana imos ver o conto dos gazapos de Blancaneves. Consiste en contar primeiro o conto lendo só as palabras entre paréntesis, xa que son as correctas, e unha vez rematado, leelo de novo pero esta vez dicindo só as palabras en maiúsculas que son os erros. 
       Así, os rapaces e rapazas teñen que decir qué é o que está mal. Recoméndase ir parando o conto en cada páxina para dar tempo ós nenos e nenas a pensar o que está mal e logo responder. 
        Esta actividade gústalles moito e pásano moi ben polo que podédelo facer tamén con calquera outro conto que teñades na casa. A desfrutar cós contos !!!!!!