sábado, 26 de octubre de 2013

Chega o tempo do Samain !!!!!!




Chega o Samaín!

O Samaín está a piques de chegar , 0 día 31 de Octubro conmemórase o Samaín. 


Nas Escolas do  CRA de BERGONDO   estamos  estamos aprendendo un montón de cousas sobre esta festa que nos axudará a perder o medo a todas aquelas cousas monstruosas,  pantasmagóricas, de bruxas, terroríficas, ...

E xa desexando que chegue o día dos primeiros sustos cando celebremos o magosto na Senra e visitemos a exposición de cabazas do CPI Cruz do Sar á que estamos invitados como outros anos escoitamos o conto narrado e cantado de Corre corre, cabaciña:



CORRE CORRE, CABACIÑA







Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria. Editorial OQO,

Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?


Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño,. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.













lunes, 14 de octubre de 2013

MARTES, 15 DE OCTUBRE DE 2013



O martes 15 de outubro é o día do  " Lavado de mans"



O Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da Biblioteca, segue  a participar no programa enrédate de UNICEF, no programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á EDUCACIÓN"


O lavado de mans é un xesto cotiá que une a millóns de nenos de todo o mundo.
Lavar as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.

Para fomentar que se consolide o hábito, vemos  o videoclip da canción “Lava as máns cos Lunnis”  que tanto lles gusta aos rapaces, antes de lavas as mans durante algúns días.