martes, 25 de febrero de 2014

VIAXE A XAPÓN.




Aproveitando a estadía de Madlenka e todos nós no Xapón, elaboramos unha preciosa historia en formato  Kamishibai, que é unha forma de contar contos moi popular no Xapón .
 Consiste en narrar un conto ou historia nun teatriño  no que se colocan as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os debuxos. 
Fixemos un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA.A experiencia resultou moi boa e creativa porque  os nenos disfrutaron un montón coa actividade e motívalles moito ver o traballo colectivo final. 
Aquí tendes os estupendos resultados:

Ten de música de fondo a canción  Ureshii Hinna Matsuri; podes premer no icono do altofalante para lla baixar ou pausala.


Tamén o podes ler noutro formato: 

Tivemos unha sorpresa extra na nosa primeira incursión no mundo do contos de teatro xaponés: un comentario que nos escribíu un auténtico contador de KAMISHIBAI doutro lado do mundo sobre a nosa viaxe.
 Preme no seu debuxo e verás...


lunes, 10 de febrero de 2014

O DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da PAZ, este curso  traballamos  os Dereitos da Infancia .

No salón de actos do edificio de A Senra, onde nos reunimos todas as escolas representamos os dereitos dos nenos e nenas traballados, cada escola se encargou de un:

     1º   ESCOLA DE SILVOSO

Quero vivir coa miña familia, que me coiden, que me alimenten  e sobre todo que me queiran.


2º   CARRIO I
Necesito ter un nome e apelidos para distinguirme dos

demáis nenos e nenas.






3º    GUÍSAMO II

Quero que me respeten sen importar a miña relixión, cor de pel, condición física ou lugar onde vivo








 4º   GUÍSAMO I

 Teño dereito a descansar, xogar e divertirme un ambiente san  e feliz.




















5º   GUÍSAMO III

Teño dereito a ser protexido contra a crueldade o abandono e  a explotación




   6º VIXOI

Necesito atención médica e que  coiden  de mín cando estou enfermo.




         7º LUBRE

 Teño dereito a recibir educación e a ter o necesario para estudar.







  8º   CARRIO II

 Teño dereito a decir o que penso e o que sento.