lunes, 19 de mayo de 2014

LETRAS GALEGAS 2014

Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro

Como cada ano, o 17 de Maio celebramos  o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, este curso escolar, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro.

Poeta ao que lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o centenario do seu nacemento.
“Xosé María Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín. Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor, segundo el mesmo manifestou..... 




No Concello de Bergondo convocouse o concurso de marcapáxinas coma os anos anteriores e todos os alumnos das nosas escolas, logo de participar, recibiron un agasallo do concello: o libro de Os Bolechas no Consorcio das Mariñas. Buscamos o lugar de Bergondo que sobrevoaran no seu globo: a Ponte do Pedrido :
  















Encantounos o agasallo que veu a entregar a cada unha das escolas a Alcaldesa.  Grazas Alejandra!!!!!!!