viernes, 19 de junio de 2020

DESPEDIDA

Ola familias!!
Hoxe é un día un pouco triste...remata o curso dunha maneira extraña...sen abrazos, sen bicos, sen festa...
Pero as profes e o profe Ricardo temos unha sorpresa para vós.


                                <iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/zJrqjY98g88" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>



E non podía faltar a despedida de Bieito que tantos contos vos ensinou este ano....

      

Para rematar deixovos unhas recomendacións de libros para o verán.


Eeee

Quero enviar un bico moi especial a todas e todos os que marchades para Primaria 💙 💚 💛 💜 💘 Sodes fantásticos!!!!


Que teñades un feliz verán!!!! Ata setembro!!
Muuuuaaaaa!!!!

jueves, 18 de junio de 2020

CUANDO LAS COSAS SE MUEVEN

OLA CHICOS/AS!!!
Hoxe conto eu un contiño:" Cuando las cosas se mueven "



E deixovos un memori de animais da selva para atopar as parellas

https://www.juegosinfantilespum.com/memoria/03-jungla.php

Como mañá xa é a despedida deixo aquí ideas de tarefas para facer no verán. A ver si atopades algunha nesta árbore:




Mañá non esquezades visitar o blogue porque terei algunhas sorpresas. 💝

miércoles, 17 de junio de 2020

Mamá naturaleza

Ola peques!!!
flor-imagen-animada-0200

Traio un conto precioso "Mamá naturaleza", porque a mín encántame estar na natureza e observar todo o que pasa arredor 🌷🌻🌺🐜🐟🐞



Estos días hai moitas flores, algunhas xa cos pétalos no chan. Podedes aproveitar e xogar coas que xa estén estropeadas, respetade a natureza. Se pinchades na foto explican varias formas de xogar coas flores

https://rejuega.com/juego-aprendizaje/juego-recursos-naturales/15-ideas-para-jugar-con-las-flores/


martes, 16 de junio de 2020

Caracois

Bo día!!!
Imos hoxe coa historia "Caracois", xa que estos días está a chover e saen de paseo.




Podemos facer moitas manualidades de caracois, deixo aquí unhas ideas:






Tamén podemos aprender moitas cousas sobre os caracois con este video:

lunes, 15 de junio de 2020

UN POCO PERDIDO

Ola de novo!!
Xa queda menos para as vacacións...ánimo!!!
Hoxe comezamos cun conto titulado "Un poco perdido", sae un amiguiño de Bieito que adormece e cae da árbore, xa veredes que ocorre.., Aquí o tedes...



E podedes facer estas fichas do conto:







viernes, 12 de junio de 2020

MAGO ROSA

FELIZ VENRES!!!
Hoxe imos cun pouco de maxia para practicar a fin de semana. O conto titúlase "Mago Rosa"



E como non pode ser doutra forma , deixo uns truquiños de maxia, a ver se sorprendedes na casa.


jueves, 11 de junio de 2020

EL DÍA QUE LOS CRAYONES RENUNCIARON

 Bo día!!!
Hoxe vai a cousa de pinturas. Imos cun conto que invita a deixar voar a imaxinación e desenvolver a creatividade. "El día que los crayones renunciaron"



Atopei esta actividade en Instagram en creakiids e pareceume moi interesante e apropiada para traballar con este libro. Así a explican:
¿¿¿Quién dice que las ceras blancas no tienen uso??? Necesitaremos
✏️Papel
✏️Cera blanca
✏️Acuarelas
Previamente en un papel escribimos con una cera blanca las letras, y después los niños pintarán encima, y las irán descubriendo 🌈
.
Esta actividad es muy atractiva para aprender, conocer, descubrir, repasar las letras, números, etc.


Gustouvos? Tamén o podedes facer con animais, flores , debuxos...o que vos apeteza...

miércoles, 10 de junio de 2020

El jardín mágico

Ola familias!
Hoxe nartes veño cun libro moi bonito que nos ensina moitas cousas que podemos atopar nos nosos xardíns, cada rincón reflexa as maravillas que podemos aprender da natureza,só hai que estar atentos e observar ao noso arredor.
O libro tit´lase "El jardín mágico" de

                

Hoxe propoño varias actividades no xardín para apreciar o valor da natureza. Os que non teñades xardín podedes ir a un parque.
🌸Tapamos os ollos cun pano e escoitamos os sonidos da natureza, a veces parece unha orquesta. 
🌻Observar cunha lupa aos insectos ou as flores. Podedes contar cántas patas ten un insecto, si ten antenas, ás.Nass flores observar todas as partes..e despois podedes debuxar o que observáchedes. Si non tedes lupa na foto seguinte pinchade e vos explican como facer unha lupa cunha botella de plástico.

https://ecoinventos.com/como-hacer-lupa-casera-con-agua-y-botella-plastico/

🌷Outra actividade sería buscar plantas olorosas como romero, lavanda , etc e fabricar un ambientador caseiro cun filtro de café.

<iframe width="560" height="315" src="https://www.youtube.com/embed/fp27sJDushA" frameborder="0" allow="accelerometer; autoplay; encrypted-media; gyroscope; picture-in-picture" allowfullscreen></iframe>


martes, 9 de junio de 2020

XOGAMOS CON LUZ NEGRA

Ola a tod@s!!!
Xa sei que moitos de vós tedes medo á escuridade. Pero de noite poden verse cousas maravillosas como a lúa , as estrelas e un montón de animais curiosos.
Imos a velos neste conto cantado por Aida Laut, "La noche".

                      
 E para que vos divirtades na escuridade hoxe propoño xogar con luz negra. 
Seguro que algún de vós ten unha caixa de luz que xa trae luz negra, pero para os que non teñades deixo un video de como facer luz negra na casa con movil ou linterna.


                    

E agora que xa tedes a luz negra ou ultravioleta imos xogar .
Con rotuladores fluorescentes ou pintura fluorescente debuxades os animais que saíron no conto nun folio e xa veredes que chulo se ve cando apagades a luz e enfocades coa luz negra.
Tamén podedes coller animais de xoguete , mollar os pes en pintura fluoresescente e pisar nun papel. Despois coa luz apagada enfocades coa luz negra e tedes que saber de que animal son as pegadas.
Se non tedes pintura fluorescente podedes facela pero con axuda dun adulto. Deixo un video que explica como facela.



E xa que estades podedes pintar follas secas, tubos de papel hixiénico, tapóns...todo con pintura fluorescente e descubride como se ven na escuridade.

lunes, 8 de junio de 2020

A AUGA NA NATUREZA

Ola rapaces!!!
Como o outro día falamos sobre o importante que é coidar o planeta, dedicarei a entrada de hoxe a falar sobre a auga na naturaleza, e o importante que é non ensuciar os ríos e mares.
Aquí tedes uns videos que falan dese tema.





E agora a xogar un pouco aprendendo

http://actividadeslim.blogspot.com/search/label/A%20auga%20na%20natureza



viernes, 5 de junio de 2020

COIDEMOS O MEDIO AMBIENTE

Ola a tod@s!!!!
Hoxe  5 de xuño é o día do medio ambiente, por iso imos falar un pouco sobre a importancia de cuidar o noso planeta.
Unha das moitas persoas que loitaron por esta causa foi Wangari , unha ecoloxista africana que loitou en Kenia polo coidado do medio ambiente plantando árbores.
Gañou o Nobel da Paz en 2004
Teño aquí un conto que narra a historia desta gran muller



Xa sabedes, plantar moito e non destruir

Imaxinade como sería a nosa vida sen árbores....ufff...non quero nin pensalo..
Se non coidamos o medio ambiente e non reciclamos, nin reutilizamos, nin reducimos os residuos imos quedar sen naturaleza, sen flores, froitas, verduras, animais, etc, etc...
Como consecuencia de non coidar o planeta morren animais, sécanse os ríos, arden os bosques, acumúlase a basura por todos os espazos naturais, contaminamos a auga, o aire que respiramos non é puro, etc.






 Hai asociacións e organizacións que queren concienciar sobre esta problemática que é un problema de todos e todas. Entre estas asociacións están as seguintes ( se pinchades nas imaxes iredes á súa páxina web)
https://es.greenpeace.org/es/ 
https://www.ecologistasenaccion.org/


https://www.tierra.org/
Nestas asociacións explican moitas cousas que fan para loitar polo coidado do planeta.
Tamén hai colectivos artísticos que fan arte con residuos que atopan nos ríos e nos montes, e despois de limpar recollendo ese lixo utilizano para crear algo artístico.
En Betanzos mismo , estivo exposta unha barca dos Caneiros feita con residuos atopados no río Mandeo. Unha obra de Retoqueretro.
Aquí o vedes nunha foto que fixen na praza do Concello.

 
A miña proposta para hoxe é que fagades un minimundo ecolóxico, con materiais da refugallo e elementos naturais que atopedes. Deixo algunha foto para que vos inspiredes


Feliz fin de semana!!!
 

jueves, 4 de junio de 2020

HOXE COCIÑAMOS

Bo día!!!
Hoxe teño ganas de cociñar, por eso busquei un conto que vos gusta moito "La cocina de la bruja"




Pois eu tamén me metín na cociña cos meus fillos e fixemos un libro de receitas ( Pincha na foto)


Anda, que despiste!!! Esquecímonos dos gorros de cociñeiros !!!
Queredes facer un? Mirade o video




Tamén deixo unha canción moi chula para cantar mentres cociñades


                    

Se queredes ter algún libro de cociña na cas nesta páxina recomendan varios libros

Bueno xa invitaredes a algo...Mua!!!

miércoles, 3 de junio de 2020

O GALO QUIRICO

Bo día!!!
Teño aquí o conto "O galo Quirico", un conto popular. O galo Quirico que ía á voda do tío Perico atopouse no camiño cunha bosta e no seu interior, un saboroso bocado.

                       
Proposta de actividades sobre o conto:
Facer as marionetas de todos os personaxes do conto utilizando diferentes técnicas: .
-O Galo Quirico con plastilina.
-O tío Perico .
-A Herba con goma-eva.  
-A Ovella con algodón.  
-O Pau con pauciños.  
-O Lume con papel de seda.
-A Auga con papel plateado.  
-A Vaca, un collage con papel-charol negro.
- O Pastor, técnica libre.
- O Neno, técnica libre

Sabedes que en Portugal hai un galo moi famoso? O galo de Barcelos. Se premedes na imaxe os Lunnis contanvos a súa lenda.

https://www.rtve.es/infantil/serie/lunnis/video/lunnis-leyenda-gallo-barcelos/4093578/

 E se queredes facer algún galo aquí tedes unhas fotiños para inspirarvos.






 

martes, 2 de junio de 2020

JONI MELAVO

Ola rapaciños e repaciñas!!
Hoxe traio o conto " La increible historia de Joni Melavo", que trata dun neno que era un pouco guarrete...



É moi importante a hixiene, sobre todo co coronavirus hai que lavarse as mans moitas veces ao día.
Aquí tedes unha canción que fala dese tema


                
E tamén deixo un xogo, picade na imaxe para xogar.

https://conteni2.educarex.es/mats/121406/contenido/index2.htm
 

lunes, 1 de junio de 2020

NI GUAU NI MIAU

Ola a tod@s, xa estamos de volta con máis contiños.
Hoxe traio " Ni guau ni miau", unha historia dun can chamado Fabio que era un pouco diferente aos outros cans. É un libro que fala da diversidade e a aceptación .Aquí tedes o video



A maioría de vos tamén tedes mascotas verdade? E as queredes tal e como son.
Podedes facer un debuxo do conto e como xa sei que algún vai a protestar dicindo que non sabe debuxar un can nen un gato, teño unha idea...
Con esta poesía de Gloria Fuertes aprenderedes a debuxar un gato.





E con este outro video aprenderedes a debuxar un can.