miércoles, 25 de noviembre de 2020

O mundo cos ollos de Yayoi Kusama

 


  Ola! Bieito e máis eu queremos falarvos dunha artista moi especial, chámase Yayoi Kusama, unha muller cunha visión artística moi adiantada a súa época. Podedes escoitar neste vídeo o conto de novo



   Pero... queredes saber un pouco máis dela? Imos ver algunha das súas obras



   Podemos xogar un pouco... se pulsades enriba da imaxe, podedes ir ao blogue de Pintureiro para aprender e  xogar un pouco cos puntiños de Yayoi



   Por certo, non pensedes que nos olvidamos de que estades a tratar do tema da auga!, Yayoi pintou algún cadro con este tema, aquí volos deixo!








Ata logo!!


lunes, 16 de noviembre de 2020

Conto: "Salvaje"

 


  
 Ola a todos e todas! Esta semana, Bieito e máis eu, aproveitando que o día 20 de novembro é o día universal da infancia, ímosvos contar unha historia moi chula que fala sobre a importancia da tolerancia, este conto titúlase "Salvaje" está escrito por Emily Hughes.

   


    Este conto danos moito que pensar... está ben que impoñemos as nosas ideas aos demais?, que cousas nos fan especiais?

     Despois de falar un pouco, podemos facer a nosa versión da portada do libro, para iso, podemos debuxar ou colorear o debuxo que vos deixo e despois pegarlle papeis de cores no pelo




       Feliz día a todos e todas!!!!

domingo, 8 de noviembre de 2020

Experimento: a auga de camiña e conto: Todo o que sei do medo

 


     Este experimento é moi chulo e prodúcese pola capilaridade do papel de cociña, o que fai que no vaso que está no medio dos que teñen cores, apareza auga coa mestura das dúas cores dos vasos nos se sumerxiu o papel.

    Mentres esperamos ao resultado do noso experimento, nesta sesión falaremos do medo, para iso, Bieito e mais eu contaremos o conto "Todo lo que se del miedo" de Jaume Copons e Pep Montserrat



  Se queredes volver a velo na vosa casa, podedes facelo dende aquí...


   Despois de ver o conto, podedes debuxar que é o que vos da máis medo



Biiiicoooosss!!!

martes, 3 de noviembre de 2020

Pintamos o mar con Sorolla


 

     Joaquín Sorolla foi un pintor valenciano que naceu no ano 1863, coñécese sobre todo pola luz que desprenden os seus cadros.

    Imos a coñecelo un pouco máis, para iso, preme enriba da foto.



   Sorolla pintou moitísimas obras que teñen que ver co mar, entre elas, Bieito e máis eu, escollimos "O baño do cabalo"


   A actividade que os propoñemos é a seguinte:
- collede unha cartulina e, con acuarela ou calquera pintura líquida de cor azul e con moita auga, pintade esa cartulina
- recortade unha fotocopia do cabalo e do sombreiro do neno, como a de máis abaixo, tamén podedes debuxar o cabalo e o neno


- debuxade na metade dun folio un neno
- recotamos todo, o cabalo e o neno e facemos a montaxe enriba do fondo azul que pintamos previamente na cartolina