domingo, 5 de marzo de 2023

8 de marzo, día da muller

 


   Ola! esta semana celebramos o día da muller, nas nosas casas, temos exemplos fantásticos de mulleres extraordinarias.

  Esta semana temos dous libros titulados "Pioneiras", nel temos exemplos de mulleres galegas que foron pioneiras en diferentes contextos.

   Como exemplo, podedes ver o video que fixeron os alumnos/as do CEIP San Clemente de Cesar.




Feliz 8 de marzo!

lunes, 30 de enero de 2023

Día da paz


 

    Ola! Hoxe é un día especial! celebramos o día escolar da no violencia e da paz. Por ese motivo, Bieito e máis eu escollimos un conto que, seguro, que vos vai a gustar un montón, titúlase "Los niños no quieren la guerra" do autor Eric Battut, esperamos que vos guste moito.




Feliz día da paz!

Xa é Nadal!!

 


   Ola!! Estamos, un ano máis, en Nadal. Nesta época todo son luces, cenas familiares e regalos de Papá Noel pero, sabedes que nalgúns países Papá Noel non ven ás casas da xente? Tamén hai outras personaxes de Nadal que regalan cousas e ademáis fan algunhas trastadas, algunhas podémolas ver no libro que vos contaremos Bieito e máis eu esta semana. titulado "Cosas que pasan en el mundo cuando es Navidad"

              


   


lunes, 14 de noviembre de 2022

Peúgo, o calcetín melenudo

 


    Ola!!, esta semán imos a ler o libro "Peúgo, o calcetín melenudo", que fala dun calcetín que está desparellado e aguxereado que fai o que lle peta.

      Se queredes saber de que vai o conto, podedes pulsar enriba da portada do libro e veredes máis información.


                                      Ata a semán que ven!!



lunes, 24 de octubre de 2022

Samaín

 


   Ola! Benvidos!!

    Estas dúas semanas imos a ler contos de medo! Empeza o noso samaín!

    Bieito e máis eu leerémosvos dous contos:


    



e



     Despois de estar sentados escoitando os contos, non tedes ganas de bailar un pouco? Algúns cantantes galegos teñen cancións dedicadas a esta festa, imos a ver algunhas...





   A festa do samaín xa se celebraba na época dos celtas, celebra o fin do verán e o principio do outono



   Como o celebramos agora?



Que teñades unha semana terrorífica! Feliz samaín!

lunes, 10 de octubre de 2022

El círculo de Miró quiere ser esqueleto


 

     Ola! esta semana imos a ler Bieito e máis eu o conto "O círculo de Miró quere ser esqueleto", que nos conta a historia dun círculo que está nun famoso cadro de Miró que quere ter un esqueleto, para iso,  outras partes de cadros de Miró axudaranlle. Seguro que vos gusta!!



   Sabedes quen foi Miró? foi un pintor moi famoso, ten moitos cadros que son moi divertidos e coloridos, no seguinte video podedes velos


Vos animades a facer o voso propio cadro inspirándoos en Miró? 

Ata a semana que ven!

lunes, 3 de octubre de 2022

A veces mamá tiene truenos en la cabeza



     O libro que imos a ler Bieito e máis eu esta semana titúlase "A veces mamá tiene truenos en la cabeza" de Bea Taboada.. Nos ensina os diferentes estados de ánimo que pasa, neste caso, unha mamá, comparándoos coa metereoloxía.
    Esperamos que vos guste!!




      Podedes atopar algúns exercicios premento enriba de "Exercicios do conto":

        

Esperamos que vos gustara, ata a semana que ven!