martes, 31 de marzo de 2020

Teatro de monicreques

Hoxe imos ver unha representación nun teatro de monicrequess, " El gusanito". Ariel Lois,  presentanos unha obra escrita e producida por él onde grandes e pequenos aprenderán que a amizade e orespeto están por enriba das nosas diferencias  
 Como aos nenos e nenas do CRA gústalles moito facer manualidades, deixovos ideas moi interesantes e fáciles para facer monicrequeses na casa :

https://www.pequeocio.com/marionetas-faciles-originales/


lunes, 30 de marzo de 2020

Esto no es una selva

Bo día!!!!
Comezamos outra semana e hoxe deixovos un conto moi axeitado para falar do tema de ordenar en casa, que seguro que despois de tantos días a algún pai ou nai parécelle un bo recurso.
O libro titúlase " Esto no es una selva" de Susanna Isern, coas preciosas ilustracións de Rocío Bonilla, de Editorial Flanboyant.
Aquí tedes unha ficha sobre o conto

viernes, 27 de marzo de 2020

El mostruo de colores explica el coronavirus

Aquí tedes unha nova versión do monstruo de cores explicando o coronavirus.
Deixo tamén unha fixa que podedes colorear(Recurso atopado na páxina http://musiqui-ando.blogspot.com)

jueves, 26 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

Saúdos de Bieito

Bo día! Temos aquí un saúdo de alguén que ten moitas ganas de veros:



Hoxe imos ver un conto en Kamishibai, o recordades?

martes, 24 de marzo de 2020

A mellor sopa do mundo

Ola a todo/as!
Seguimos por aquí con contiños que sei que vos gustan
Hoxe veremos un conto titulado " A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern, da editorial OQO. Un fermoso conto sobre a  importancia da amizade, o traballo en equipo e a colaboración. Algo como o que estamos vendo e vivindo estos días .


A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Tamén hai unha canción preciosa deste conto en linguaxe de signos


Elaborei unha ficha por si queredes facer na casa. Pensade nos vosos amigos, aos que estes días votades en falta .

lunes, 23 de marzo de 2020

Taballiños dos nenos e nenas do CRA feitos na casa

Aquí temos un libro maravilloso de Candela da escola de  Silvoso que  acompaña cunha manualidade preciosa dun pingüín.
Moitas grazas a Candela e á súa familia por participar dende a casa. Unha aperta grande.





RANA DE TRES OJOS

Bo día a todas e todos!
Hoxe comezamos a semana cun libro que quere concienciar sobre o coidado do medio ambiente.
Rana de tres ojos de Olga de Dios.




Tamén deixo unhas ideas para facer uns xogos caseiros con materiais que temos pola casa.
 Atoparedes a información e máis ideas no seguinte enlace:
https://www.pinterest.es/pin/338684834459109492/

Tamén quero aproveitar para informarvos que nestes días de alerta que temos que estar na casa podemos ver moitos contos en diferentes plataformas como Youtube ou Instagram nas que todos os días hai contacontos en directo, na maioría son ás 12.
Ánimo e seguide co sorriso posto.


miércoles, 18 de marzo de 2020

EL LIBRO DE LOS LIBROS

Ola a todos/as!!!
Hoxe vou a propoñer facer un libro na casa.
Atopei este libro na miña biblioteca que vos pode servir de axuda.


Deixo aquí un documento que elaborei resumindo o contido do libro

Exemplos:

Si alguén fai un libro na casa  que envíe a foto ao correo da biblioteca ( bibliocraber@gmail.com) e a poñeremos no blogue.
 Ánimo e deixade voar a imaxinación.

martes, 17 de marzo de 2020

EL PINGÜINO MARCELINO DE COLOR AZUL MARINO

Hoxe vai outro contiño de pingüins pero con sorpresa, non ten final, o tedes que inventar vós.

 Tamén deixo unha ficha que fixo a profe Rosa para que debuxedes o final do conto.



lunes, 16 de marzo de 2020

MENSAXE DE BIEITO POLA CRISE DO COVID-19

Boas familias! Xa sabedes que estos días temos moito tempo para estar cos nosos fillos/as na casa e todos intentamos que pasen as horas o mellor posible.
Bieito quere enviar unha mensaxe a todo o alumnado do CRA de Bergondo, dando ánimos.


 Aquí vai o contiño: "PERDIDO Y ENCONTRADO".de Oliver Jeffers
Xa sabedes que despois podedes facer un debuxo sobre o conto, unha manualidade, un monicreque...


miércoles, 4 de marzo de 2020

8 DE MARZO HOMENAXEAMOS ÁS MULLERES

Este curso homenaxeamos dende o CRA de Bergondo a Dian Fossey, xa que estamos traballando o proxecto anual de "Planeta animal".
Dian Fossey foi unha brillante zoóloga norteamericana recoñecida pola súa labor científica e a súa defensa dos gorilas.
O seu carácter forte e apaixoado levoulle a loitar ferozmente contra o tráfico de animais e a caza furtiva. Unha loita que, aínda que acabou costándolle a vida, conseguiu salvar da extinción a unha especie única: a dos gorilas das montañas.




domingo, 1 de marzo de 2020

ENTROIDO

Viva o entroido!!!!!!!!
No CRA de Bergondo gústannos moito estas datas, días de celebración e de pasalo ben.
Para poñernos en situación e coñecer un pouco máis do entroido galego e das nosas tradicións, escollimos un libro moi completo, sinxelo e cunhas ilustracións excepcionais. Titúlase " É tempo de Entroido", de Ramón D. Veiga e David Sierra, da editorial Xerais.


Encantounos este libro e o recomendamos totalmente.