lunes, 14 de noviembre de 2022

Peúgo, o calcetín melenudo

 


    Ola!!, esta semán imos a ler o libro "Peúgo, o calcetín melenudo", que fala dun calcetín que está desparellado e aguxereado que fai o que lle peta.

      Se queredes saber de que vai o conto, podedes pulsar enriba da portada do libro e veredes máis información.


                                      Ata a semán que ven!!



lunes, 24 de octubre de 2022

Samaín

 


   Ola! Benvidos!!

    Estas dúas semanas imos a ler contos de medo! Empeza o noso samaín!

    Bieito e máis eu leerémosvos dous contos:


    



e



     Despois de estar sentados escoitando os contos, non tedes ganas de bailar un pouco? Algúns cantantes galegos teñen cancións dedicadas a esta festa, imos a ver algunhas...





   A festa do samaín xa se celebraba na época dos celtas, celebra o fin do verán e o principio do outono



   Como o celebramos agora?



Que teñades unha semana terrorífica! Feliz samaín!

lunes, 10 de octubre de 2022

El círculo de Miró quiere ser esqueleto


 

     Ola! esta semana imos a ler Bieito e máis eu o conto "O círculo de Miró quere ser esqueleto", que nos conta a historia dun círculo que está nun famoso cadro de Miró que quere ter un esqueleto, para iso,  outras partes de cadros de Miró axudaranlle. Seguro que vos gusta!!



   Sabedes quen foi Miró? foi un pintor moi famoso, ten moitos cadros que son moi divertidos e coloridos, no seguinte video podedes velos


Vos animades a facer o voso propio cadro inspirándoos en Miró? 

Ata a semana que ven!

lunes, 3 de octubre de 2022

A veces mamá tiene truenos en la cabeza



     O libro que imos a ler Bieito e máis eu esta semana titúlase "A veces mamá tiene truenos en la cabeza" de Bea Taboada.. Nos ensina os diferentes estados de ánimo que pasa, neste caso, unha mamá, comparándoos coa metereoloxía.
    Esperamos que vos guste!!




      Podedes atopar algúns exercicios premento enriba de "Exercicios do conto":

        

Esperamos que vos gustara, ata a semana que ven!

domingo, 25 de septiembre de 2022

Chegou o outono!


 
   Ola! a semana pasada comezou o outono, así que Bieito e máis eu escollimos un conto titulado "En otoño, castañas!" que fala de dúas xoaniñas que van a buscar cogomelos,... se pulsades enriba do vídeo podedes escoitar e ver o conto!




  Gustouvos??, vos deixo a continuación un puzle sobre a portada do conto!!

preview12pieceEn otoño, castañas!





sábado, 17 de septiembre de 2022

Comezamos un novo curso!

 


  Ola a todos e todas! Benvid@s a un curso novo no Cra de Bergondo!!

   Seguro que tedes moitas cousas que contar despois de tanto tempo sen vernos!

     Antes de nada, quero dicirvos que vos votei moitísimo de menos e que atopei unha canción moi chula que pode servir de comezo ás nosas sesións de biblioteca, aquí vola deixo!




      Esta semana que ven iremos Bieito e máis eu polas escolas cun libro moi especial titulado "Primeira semana na escola de vacas", nel fala da complicada semana que ten Daisy, a filla da vaca Marjorie, na súa primeira semana na escola de vacas, espero que vos guste tanto como a min!




   E a vos, que tal vos foi a primeira semana??

                             ATA PRONTO!


martes, 19 de abril de 2022

Día do libro

 



   Ola! O día 23 de abril celebramos o día do libro, sabedes por que é nesta data?



     Ler e ollar libros lévanos a moitos lugares e vivimos aventuras coas personaxes dos contos, tal e como dí Requetecorcheas




     Nalgúns lugares de España como en Cataluña, ás mulleres se lles regala unha rosa e aos homes un libro ,tamén se organizan, neste día, moitos mercadillos onde podemos mercar libros novos e de segunda man.
    Aqui vos deixo a lenda de San Jorge e o dragón para que sepades por qué se lles da ese día unha rosa ás mulleres polo día do libro



      Actividades polo día do libro:




          Cal é o voso libro preferido?





domingo, 23 de enero de 2022

Día da paz

 


      Esta semana celebramos o día da paz nas escolas e na biblioteca tamén. Este ano falaremos do Dalai Lama, as bandeiras tibetanas e outras cousas máis. Comezamos?

        Primeiro falaremos sobre o budismo, sabedes como se orixinou? Atentos ao video




     Agora que xa sabemos quen é buda, imos a saber que é e que fai un Dalai Lama

     O Dalai Lama é un líder espiritual que transmite os valores de buda como a compasión. Cando o Dalai Lama morre, reencárnase nun bubé que, será educado e preparado para ser o novo Dalai Lama ata a súa morte pero, quen é o actual Dalai Lama?




      Outro elemento moi importante da cultura budista son as bandeiras tibetanas, as hai de diferentes cores, no seguinte video explican a súa función



                           Feliz día da paz!!