domingo, 27 de noviembre de 2011
CONTACONTOS POLAS ESCOLAS DE BERGONDO
O mércores imos ter a sorte de poder disfrutar cos contos solidarios de Anxo Moure. Dixo que chegaría co seu paztinete para levarvos de viaxe, voando ata o mundo dos contos solidarios...
lunes, 21 de noviembre de 2011
OS DEREITOS DOS NENOS
20 de noviembre de 2011
Dia Internacional dos Dereitos do Neno
A Declaración dos Dereitos do Neno foi proclamada pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en Resolución do 20 de novembro de 1959. Non ven mal recordalos, son dez:
1. Dereito a igualdade, sen distinción de raza, relixión ou nacionalidade.
2. Dereito a unha protección especial para que poidan medrar física, mental e socialmente sans e libres.
3. Dereito a ter un nome e unha nacionalidade.
4. Dereito a unha alimentación, vivenda i atención médica axeitadas.
5. Dereito a educación e atencións especiais para os nenos física ou mentalmente disminuidos.
6. Dereito a comprensión e amor por parte das familias e da sociedade.
7. Dereito a unha educación gratuita. Dereito a divertirse e xogar
8. Dereito a atención e axuda preferente en caso de perigo.
9. Dereito a ser protexido contra ó abandono e a explotación no traballo.
10. Dereito a recibir unha educación que fomente a solidariedade, a amizade e a xustiza entre todo o mundo.
Nos seguintes enlaces poderedes ver e escoitar os dereitos dos nenos comentados por Mafalda e os seus amigos para Unicef, polos Lunnis... descubrídeos
A que sabe a lúa?
Os nenos e nenas da Escola das bolboretas de Carrio probárona hoxe, que vos conten a que lles soubo
A QUE SABE A LÚA?
(Editorial Kalandraka)
Había moito tempo que os animais andaban
a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?
Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo.
Estarricábanse e estiraban o pescozo...
Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizais entre todos poidamos alcanzala”.
Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación.
Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o máis pequeno de todos...
E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos; cun chisco de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.
Podedes escoitar a gravación que fixeron do conto os nenos doutro cole no seguinte enlace
Podedes escoitar a gravación que fixeron do conto os nenos doutro cole no seguinte enlace
lunes, 14 de noviembre de 2011
O DÍA 16 DE NOVEMBRO CONMEMORAMOS O DÍA DA TOLERANCIA
16 de novembro Día internacional para a tolerancia.
Dende a dinamización da biblioteca contaremo-lo conto
"A gatiña Rosalinda"
Álbum ilustrado sobre a diversidade, a busca da identidade propia e a defensa da tolerancia, recreado na historia dunha familia de gatos moi, moi distinguida: Don Casimiro e Dona Carolina proveñen dunha longa e recoñecida estirpe famosa pola súa fermosa pelaxe negra coma o carbón; despois dunha longa espera van ter unha filla que esperan con ansiedade, mais con Rosalinda chega unha grande sorpresa: en lugar da tradicional pelaxe negra na súa familia, Rosalinda loce unha chamativa cor arrubiada…, pero non é a única peculiaridade desta gatiña singular. Rosalinda gusta de relacionarse con cans e ratos, por exemplo.
miércoles, 9 de noviembre de 2011
BUSCAMOS MASCOTA PARA A BIBLIOTECRA
Invitámosvos a participar a toda a Comunidade Educativa do CRA no CONCURSO ESPECIAL da MASCOTA da BIBLIOTECA.
De seguido podedes ler as bases:
Non o dubidedes e participade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)