sábado, 17 de marzo de 2012

CONTOS CLÁSICOS

Nesta temporada dende a Biblioteca estanse a recuperar os CONTOS CLÁSICOS, nesta volta tocoulle ao de HANSEL e GRETEL, tamén chamado a CASIÑA de CHOCOLATE, dos irmáns GRIMM.
Podédelo ver aquí non vídeo narrado:


E logo xogar con este conto interacivo que ten un xeito diferente de contar a historia.
¿ Vos animades ?


¡¡Boa diversión!!

domingo, 26 de febrero de 2012

ENTROIDO DE DEDICATORIAS

¡¡Temos libros adicados para nós !!


¿ Sabedes por qué?

Neste entroido celebrouse en Santiago de Compostela, organizado pola Facultade de Comunicación,  o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade" e o noso CRA foi seleccionado para expoñer un proxecto de Ilustración:


Nestes días tan intensos coñecimos a xente fundamental no mundo da Literatura e Ilustración infantís. El@s nos adicaron libros que xa tiñamos na biblioteca do centro para @s nos@s alumn@s.
Ímosvolos presentar:

Antonia Ródenas, é escritora dunha morea de libros e poemas para nenos. É mestra dunha escola infantil e unha maravillosísima persoa. Foi un verdadeiro pracer e unha gradísima sorte coincidir con ela. 


Como Antonia colabora moito coa ilustradora Carme Solé Vendrell ofreceuse a nos acompañar a que Carme nos adicara o libro. ¡Xa vos dixen que era unha boísima persoa ! Carme tamén foi moi amable connosco e é unha muller de grande personalidade.  






¿ Queredes ver as dedicatorias de cerca? E que nos puxeron unhas cousas moi bonitas, vede, vede...




Por último, no Taller de Ilustración que nos impartíu  Marc Taeger, pedímoslle que nos adicara un dos moitos libros ilustrados por él que temos na nosa biblioteca. Marc ten unhas ideas sobre a pintura moi divertidas.



¿ A que vos soa este libro ?
Pois vede que adicatoria máis axeitada:


Pronto a profe Isa pasará polas aulas a vos amosar en "directo" estas dedicatorias tan especiais e máis contos.

lunes, 6 de febrero de 2012

Libro colaborativo da PAZ

Para celebrar o 
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA, 
fixemos un libro da Paz entre todas as Escolas e Aulas do CRA.


Para que o poidades ver en detalle premede no medio da imaxe de abaixo e irase abrindo coma un libro de verdade.
Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.


lunes, 16 de enero de 2012

O AGASALLO DE CRISTOVO

Cristovo, a nosa mascota, mandounos uns agasallos de Nadal para tod@s @s nen@s do CRA. 
Unhas bolsas viaxeiras para levar os libros da Biblioteca para a casa.

Aquí o vedes viaxando na bolsa:



Xa sabedes que as temos que coidar moito para que todo o ano estéan tan bonitas como agora.

Vede que ben o pasou posando para as fotos:



E cántas bolsas mercou, ¿a que sí?


¡¡¡Grazas, Cristovo ,as desfrutaremos moito!!!

domingo, 18 de diciembre de 2011

A NOSA MASCOTA DESÉXAVOS UN BO NADAL

CRISTOVO, a mascota da biblioteca, estase a preparar para as vacacións de Nadal.

Quérevos lembrar que un bo agasallo para lle pedir aos Reis ou a Papa Noel é un LIBRO, ou moitos, como lle gustan a él.



¡¡ Non vos esquezades do seu consello !!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

¡¡¡TEMOS UNHA NOVA MASCOTA!!!

Presentámosvos  a CRISTOVO, a nova mascota da BIBLIOTECA do CRA de Bergondo.

CRISTOVO chegou das mans de Adrián Seoane Souto, da Escola de Lubre.
Ten unha historia preciosa, que xa vos contaremos, creada, coloreada e deseñada por toda a familia.


No edificio da Senra poderedes ver estes días unha exposición con algunhas das mascotas propostas polos nenos de todas as escolas. 


Agradecemos resposta de todos os participantes que lle puxeron ao xurado moi difícil a tarefa de escoller. 





¡¡Moitas grazas pola participación e Noraboa ao premiado!!


sábado, 3 de diciembre de 2011

¡¡¡XA CHEGOU O CONTACONTOS!!!

Vede qué ben o pasamos nas escolas con Anxo Moure.
Chegou no seu PAZ-TINETE a cada unha das nosas escolas.

Neste vídeo podedes disfrutar un pouquiño con nós dos bos ratos que pasamos cos seus contos de Paz, Solidaridade e Respeto. E fíxoo de xeito altruísta.



ANXO ten dous contos escritos ¿querédlos ver?

Son este,


e estoutro:


que nos darán boas horas de lectura...