domingo, 4 de noviembre de 2012

Tempo de Samain e Magosto




O pasado martes, 30 de outubro, celebramos cos nosos alumnos o Magosto e o Samaín, facendo unha saída . Pasaron os autobuses a recollernos pola escolas para levarnos cara á Senra onde nos xuntamos todos e o grupo Matapiollos estábanos a esperar cunha actuación de maxia e contos que estivo moi entretida e divertida. Logo estivemos no CPI Cruz do Sar, o colexio dos maiores, onde estabamos invitados a ver unha exposición de cabazas elaboradas polos alumnos e as súas familias, eran espectaculares, estivemos a escuras, á luz das candeas, coas cabazas, morcegos, arañas... “pasamolo de medo”. A continuación marchamos a Santa Marta de Babío, onde na casiña dos artesáns, estaba o Sr. Benigno asando as castañas na lareira, das que dimos boa conta acompañando o manxar cos batidos de chocolate que nos regalaron do comedor do CPI .
Nos blogues de todo o CRA haberá fotos e vídeos da saída, deixo aquí unha mostra delas:











A nosa saída foi publicada na prensa, deixo o enlace:

http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/los-mas-pequenos-de-bergondo-celebran-en-babio-el-tradicional-magosto-otonal/20121030225735084264.html

domingo, 28 de octubre de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS



O 24 de outubro, Día das Bibliotecas, Cristovo e Isa foron de visita a unha biblioteca de A Coruña. Pasárono fenomenal entre tanto tesouro, porque Cristovo sempre di: quen ten un libro ten... UN TESOURO!! Animádevos a ir.












miércoles, 24 de octubre de 2012

24 de Outubro, DÍA DA BIBLIOTECA




Dende a Biblioteca do CRA de Bergondo propoñemos a tódalas familias dos nosos alumnos e alumnas que durante esta semá  e co motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas,  se acheguen a visitar algunha das bibliotecas do Concello  cos seus fillos. A Biblioteca Municipal atópase no baixo do edificio de Caixa Galicia, no cruce de Os Condes , e abre de luns a venres en horario de tarde das 16´00 a 20´00 horas, e os sábados de 10´00 a 13´00 horas.





A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón diversas actividades en toda Galicia para celebrar o Día da Biblioteca, unha efeméride que se conmemora o 24 de outubro e que pon en valor as bibliotecas como servizos culturais e informativos de máxima relevancia para unha sociedade avanzada, necesarios para mellorar a calidade de vida e a formación do conxunto da cidadanía en condicións de igualdade.

Por tratarse dunha celebración especial, as bibliotecas nodais de Galicia da Consellería de Cultura e Educación aproveitarán este día para realizar unha xornada de portas abertas, durante a que convidarán a cidadanía a participar en visitas guiadas para amosar todos os servizos que ofrecen os centros bibliotecarios. 


ILUSTRANDO A LECTURA




Gloria Fuertes
La Biblioteca

Juntos en la biblioteca,
están siempre allí esperando
que alguna manita inquieta
se decida a despertarlos.          
Sus hojas son ventanitas
que abren con alegría
para llevarnos a un mundo
de aventura y fantasía.
A veces leo de brujas,
otras veces, de planetas,
de princesas, de animales
o de un niño en bicicleta.
Por favor no me interrumpan,
dejadme ahora tranquilo,
que quiero leer un libro
y compartirlo contigo.

domingo, 21 de octubre de 2012

Os Cristoviños

Xa temos cada un a nosa mascota, fixemos un Cristoviño, que nos quedou ben chulo. Agora na casa tamén teremos quén nos anime a ler contos. Estas son as fotos das nosas obras 

GUISAMO III
Aula dos círculos













GUÍSAMO II ,
 Aula dos triángulos







GUÍSAMO I
Aula dos cadrados








Escola de Vixoi






Escola de Carrio
Aula das Bolboretas




Escola de Carrio
Aula das Xoaniñas














lunes, 15 de octubre de 2012

O " Lavado de mans"


O Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da Biblioteca, está a participar no programa enrédate de UNICEF, no programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á EDUCACIÓN"


O lavado de mans é un xesto cotián que une a millóns de nenos de todo o mundo.
Lavar as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.

Para fomentar que se consolide o hábito, vede o videoclip da canción “Lava as máns cos Lunnis” antes de lavas as mans durante algúns días.
http://www.youtube.com/watch?v=8u5ot2l7sSI





Durante o mes pasado, e co motivo do Día do lavado das máns, nas Escolas do CRA de Bergondo   realizaron   murais con pintura de dedos  a  proposta da campaña, os nenos e nenas disfrutaron moito, cantaron a canción dos Lunnis, e lavaron, lavaron...


escoitaron e  miraron o conto de " A billa de Xoán"  de Nova Galicia Edicións, 

Cafe Roma: A billa de Xoán
Ilustracións de Pablo Álvarez Rosendo

Nova Galicia Edicións. Vigo, 2007


A billa de Xoán
María estaba a preparar a equipaxe para marchar de vacacións de verán coa súa familia. Mentres, o fillo estaba sentado no sofá pensando en que por fin ía coñecer o mar. Entón preguntoulle á mai por que se o mar era tan grande sempre dicían que había que aforrar auga e fechar ben as billas. Para que o entendese, ela deixou a maleta, sentouse ao seu carón e contoulle esta historia:
Todos os días a mai berráballe a Xoán por deixar a billa aberta. Unha mañá que se meteu na ducha non saíu auga. Resulta que só tiñan un balde de auga para todo o día e para todos. Polo tanto, tiña que usar a mínima posible para asearse. Cando volveu do colexio, só tiña medio vaso de auga para beber. A mai díxolle que se a usaba só cando a precisase e non deixaba as billas abertas, axudaría a que tivesen máis auga. El entón prometeu aforrar tanta que nunca ían quedar sen ela. Porque comprendeu o importante que é nas nosas vidas a auga, que debemos aproveitar e conservar.




 e xa están chegando as fotos


"Máns limpas, Mundo limpo, da Escola das Xoaniñas de  Carrio"


"Xa estamos impecables para o Samaín-Hallowen", da Escola das Bolboretas tamén de Carrio.








viernes, 28 de septiembre de 2012

Rosa Caramelo







ADELA TURÍN (texto) e NELLA BOSNIA (ilustración)
Kalandraka





Aillada nun xardín, Margarida é a única elefanta do grupo incapaz de conseguir que a súa pel sexa de cor rosa caramelo. Cando os seus proxenitore desisten de impoñerlle ese aspecto, por fín poderá descubrir o significado da liberdade e abrirlle o camiño da igualdade as súas compañeiras.





WebQuest sobre Rosa Caramelo


martes, 18 de septiembre de 2012

CURSO 2012/2013





Agora que estamos a comezar un novo curso, e iso leva implícito unha orde e organización das aulas e materiais máis exhaustivo do normal, propóñovos  neste enlace  unha idea fantástica para reciclar as ceras de cores que nos quedaron do curso pasado e que son demasiado pequenas para usar, pero da pena tirar.

 Asegúrovos que vouno levar á práctica e  contareivos como  quedaron porque ten moi boa pinta. 

Agora que estamos en tempos de crisis, ven mellor que nunca acostumbrarnos e ensinar aos nenos , que reciclando, todos saímos gañando.




¡Feliz comenzo de curso a todos e todas!