Esta semana Bieito tróuxonos o conto: Las 4 estaciones desde el gran ÁRBOL.
Despois de ler o conto xa sabemos que os mouchos viven nun burato no tronco dunha árbore. Dende a súa casa pode ver como pasan as estacións. Como florecen as árbores, plantas e flores, como aparecen os froitos, como caen as follas no outono e a neve no inverno.
Aprendemos que tamén podemos mouchear como Bieito pero só coas mans!
A para levar un recordo deste día de biblioteca, fixemos un marcapáxinas dun moucho e decoramos outro como grandes artistas!
Por fin coñecemos á nosa nova mascota: O Moucho Bieito!
E escoitamos por primeira vez a canción que cantaremos con Bieito cada día de biblioteca, xusto antes de ler os contos: "Pois imos contar un conto" de Pablo Díaz.
Esta primeira semana, Bieito tróuxonos o seu conto, o que fala del e da súa vida no bosque. Así que descubrimos que o noso moucho é policía e vixía aos animais e o bosque tódolos días.
Tamén aprendemos que os mouchos non falan coma nós, mouchean! e usamos un reclamo para asubiar e aprender a mouchear!
E para rematar, decoramos a nosa caixa para os contos do moucho Bieito. Una chea de contos con moreas de historias que Bieito nos deixa para les durante todo o mes!
E na próxima sesión? Veremos Bieito qué nos trae. :D
O Día Escolar pola Paz o celebramos coa visita da escritora e a ilustradora do libro de Man o alemán de Camelle: Beatriz Maceda e Laura Veleiro en a Senra.
Man, o
Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun
heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba
máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un
museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de
Camelle pode gozar.
Man naceu e pasou a súa infancia en Alemaña, tiña sete irmáns e
estudara arte en Italia. En Suiza impartiu clases de arte a persoas con
problemas de integración social. O seu interese pola perservación do medio
ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega leváronno ata a Costa da
Morte.
Chegou a Camelle en maio de 1962 nas festas patronais e dende
aquela instalouse no pobo este alemán solitario, educado, de bó aspecto e con
aire de turista, quedouse alí para sempre.
En novembro de 2002 e durante o accidente do Prestige, a mancha
do petróleo dañou as súas esculturas. Pensa a xente que Man deixouse morrer de
melancolía e tristura.
O 9 de novembro del 2010, un temporal destruíu o que quedaba da
súa obra.
Tivemos a
sorte de ter con nós ás autoras do libro de Man, Beatriz e Laura, que nos contaron
porque e cómo fixeron o libro.Nos dedicaron
o exemplar da nosa biblioteca agasallándonos tamén con láminas das
ilustracións do conto asinadas por elas, e nos animaron a participar no
obradoiro de pintado de pedras para que nos sentiramos artistas da natureza como Man.
nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocionalaxudamos aos alumnos a ser pacientes, participativos,
empáticos, aprendendo a recoñecer e regular
as súas propias emocións.
Os obxetivos que intentamos conquerir co traballo sobre educación
emocional na aula, son os seguintes:
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación
da persoa.
-Construir unha actitude empática como base da solidaridade.
-Sentir placer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecercer os sentimentos i emocións dos demáis.
Os contos están deseñados para facilitar o diálogo cos nenos e nenas sobre
temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia.O
conto, é un marco de xogo que se adapta a linguaxe e á maneira de pensar dos
nenos.
1. El Pez Arcoiris
Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil colores. Pero a
pesares da súa beleza síntese moi solo.
Por que os demáis peixes non queren xogar con él?
Un libro preciosamente
ilustrado que ensina a importancia de
saber compartir.
Como cada
ano, o 17 de Maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, este curso
escolar, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro.
Poeta ao que
lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o
centenario do seu nacemento.
“Xosé María
Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente
d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María
Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín.
Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos
estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que
seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de
Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de
Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor,
segundo el mesmo manifestou.....
No Concello
de Bergondo convocouse o concurso de marcapáxinas coma os anos anteriores e
todos os alumnos das nosas escolas, logo de participar, recibiron un agasallo
do concello: o libro de Os Bolechas no Consorcio das Mariñas. Buscamos o lugar
de Bergondo que sobrevoaran no seu globo: a Ponte do Pedrido :
Encantounos o agasallo que veu a entregar a cada unha das escolas a Alcaldesa. Grazas Alejandra!!!!!!!