jueves, 17 de diciembre de 2015

Navidad en el bosque

Xa está o Nadal á volta da esquina e por iso Bieito trouxo o conto "Navidad en el Bosque":








Así que... que hai mellor que facer adornos para as árbores de Nadal? Desta volta, fixemos unhas tarxetas de reno, non de calquera, de Rodolfo! o reno de Papá Noel!



E agora, a desfrutar do Nadal, descansar moito y voltar en xaneiro con enerxías para seguir lendo. 
Bieito xa ten preparados moitos contos y máis sorpresas!!!

BO NADAL a tod@s!!

miércoles, 9 de diciembre de 2015

O Apalpador e a castaña máxica

Xa pronto vai chegar o apalpador!! que quen é ese apalpador?? Pois por iso nos trouxo Bieito este conto:   





 Despois de ler convertimos un folio nun libro!! no noso libro sobre o apalpador. E ademáis de regalo o xogo do apalpador para cada escola!!
 







 E para a última sesión antes de Nadal... veremos o que nos ten reservado Bieito!! :D

lunes, 30 de noviembre de 2015

Ricitos de Oro

Nesta sesión Bieito trouxo un conto xenial! Era un conto pop up!!



E como nos gustou tanto iso do pop up, por qué non facer a nosa propia tarxeta? Dito e feito:





A ver que nos trae Bieito para a próxima sesión! :D





lunes, 23 de noviembre de 2015

Un segredo do bosque

Qué bonitas son as historias de animais... e a desta sesión ainda máis. Esta volta Bieito trouxo Un Segredo do Bosque:




E despois de ler o conto aprendemos a estampar con moldes de animais, pero non nun folio, non. Estampamos en follas de carballo, nas máis grandes das Fragas do Eume!



E para a próxima? Veremos que nos trae Bieito :D

lunes, 16 de noviembre de 2015

Os Camiños das Árbores

Esta vez, Bieito trouxo o conto Os camiños das árbores.


E árbore con árbore... bosques. Así que fixemos o noso propio bosque, con paus, coas nosas mans e con moita imaxinación:












Veremos a ver que nos trae Bieito para a próxima sesión! :D

lunes, 2 de noviembre de 2015

Arce

Nesta sesión Bieito trouxo un conto precioso, de árbores e irmáns... ARCE!











E na próxima sesión? Veremos Bieito qué nos trae. :D 


domingo, 25 de octubre de 2015

O vento de Antón

Este mes é tempo de castañas, castañas asadas ou cocidas para comer ata fartar.
Pero... temos que ter coidado, porque como nos conta Bieito con este conto, moitas castañas na barriga traen consigo ventos trangalleiros.

Desta volta, lemos O vento de Antón.




Mirade que cousa tan bonita!

Agora a esperar á próxima sesión. A ver que nos trae Bieito! :D