miércoles, 30 de marzo de 2016
¡BUENAS NOCHES, BÚHO!
Nesta sesión, Bieito contounos o conto: Buenas noches, búho!. É un conto divertido co que coñecemos moitos tipos de páxaros e o son que fan.
A actividade que fixemos relacionada con este conto foi un móbil , reciclando ramas dunha poda de maceira e uns debuxos das persoaxes do conto.
jueves, 17 de marzo de 2016
MIRA, MIRA, ÁRBOL
Hai libros que nos amosan información sobre un tema en concreto. Bieito levou polas escolas do CRA o libro: Mira, mira, árbol. Este libro explica moitas cousas sobre as árbores e estivemos falando de este tema.
Despois vimos un conto no encerado dixital que trata este tema; Wangari y los árboles de la paz. É un LIM de Belén Junquera, está moi ben e ten enlazadas actividades moi divertidas sobre o conto.
Tamén fixemos uns imáns cuns trociños de ramas de árbol e quedaron preciosos.

miércoles, 16 de marzo de 2016
A ÁRBORE XENEROSA
Con este libro que nos presentou Bieito aprendimos una lección sobre a amizade.
O contamos dunha forma diferente, cun panel magnético e gustou moito.
Despois fixemos una tarxeta para regalarlle ao noso mellor amigo.
Vimos un video dunha canción sobre os amigos:
E un corto que nos emociomou moito: Monsterbox , un corto con adorables personaxes, unha calidade magnífica, música fenomenal, casas de páxaros e flores do máis creativos, uns monstruos moi especiais e un final conmovedor.
jueves, 25 de febrero de 2016
Los tres cerditos
A semana pasada Bieito levou polas escolas o conto : " Los tres cerditos". Un conto que todos coñecen pero que sempre lles gusta escoitar e ver outra vez.
Despois de ler o conto vimos un video co que aprendimos a facer un porquiño de papel.
E quedaron preciosos.
Despois de ler o conto vimos un video co que aprendimos a facer un porquiño de papel.
E quedaron preciosos.
miércoles, 3 de febrero de 2016
El monstruo de colores
Menuda sorpresa nos trouxo Bieito desta volta! Veu cun amigo! O monstro de cores, e... que nos contou? Pois a historia do seu amigo, así que, lemos "El monstruo de colores".
E despois, outra sorpresa máis cargada de maxia!!
Aprendemos a facer sales máxicas de cores. Esas que se botamos na auga da bañera nos axudan a volvernos verdes por dentro, así como o monstro de cores, que cando está tranquilo e en calma é verde como as follas das árbores.
Mirade!!! E cunha marioneta de dedo de regalo!!

E para a próxima!! ÍMONOS DE ENTROIDO!!
miércoles, 27 de enero de 2016
Monstruo Rosa
Hola de novo.
Pero que conto tan bonito nos trouxo Bieito!!! Contounos a historia dun monstro, pero non dun calquera, do Monstro Rosa!!
E despois fixemos un monicreque do monstro rosa con casiña incluida!!! Mirade, mirade:

A ver que nos trae Bieito para a próxima sesión!
miércoles, 13 de enero de 2016
La canción de las nubes
Xa estamos de volta, Bieito pasou unhas vacacións de Nadal fantásticas pero xa vos botaba de menos eh!
Desta volta trouxo un conto tan bonito coma unha primavera! e con tantas cores como o Arco da Vella!!
"La canción de las nubes"
Abrimos ben os ollos, abrimos ben as orellas, escoitamos ben atentos e despois fixemos unha tarxeta pop-up cun paraugas!!!
Mirade que cousa bonita!
E para a próxima? Xa veremos o que nos trae Bieito!
Desta volta trouxo un conto tan bonito coma unha primavera! e con tantas cores como o Arco da Vella!!
"La canción de las nubes"
Mirade que cousa bonita!
E para a próxima? Xa veremos o que nos trae Bieito!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)