jueves, 7 de junio de 2012

VISITA DAS ESCOLAS DO CRA AO CPI CRUZ DO SAR




LIBROS + AMIZADE +COR = EMOCIÓN

A BIBLIOTECA NO CPI CRUZ DO SAR

Loli, a bibliotecaria do “cole dos maiores”, contounos na biblioteca unha historia preciosa:

PEQUENO AZUL E PEQUENO AMARELLO.




…un día Mamá azul díxolle: “Teño que sair, espérame na casa”. Pero pequeno azul foise buscar a pequeno amarelo á casa de diante. A  casa estaba baleira.¿Onde estaría pequeno amarelo? Buscóuno por todas partes…ata que, de súpeto, á volta da esquina ¡Ali estaba Pequeno Amarelo” . Moi contentos abrazáronse. Abrazáronse tan forte que……..


Leo Lionni (Amsterdam 1910-Toscana 1999) presentanos esta pequena obra de arte da literatura infantil que saliu do seu maxín casi por casualidade. Durante unha viaxe en tren ocurriúselle a idea de entreter aos seus netos creando unha historia a partires de anacos de papel…así surdiu “Pequeno azul e pequeno amarelo”, o primero dunha longa lista de máis de 40 obras aclamadas por la crítica especializada, coma : “Frederick”, “Nadarin”, “A casa máis grande do mundo” etc.
Este libro, a simple vista tan sinxelo, está de cheo de valores fundamentais, que permitirános traballar no só a nivel plástico cós nenos se non mais aló do puramente artístico.

“Dous pequenos cores fúndense nunha aperta sen se percatar e sen importarlles que se convirten nunha nova cor, o que fai que ninguén lles recoñeza. A exclusión por parte dos outros fai que o chorar que isto lles provoca, convírtalles na súa coor orixinal. O descubrimento do ocontecido fai que compartan coa súa familia e amigos e con ledicia este novo feitoo. Así é como todos xogaran a mexturarser e a descubrir novas gamas cromáticas.”

A historia destaca pola ternura e orixinalidade da propuesta plástica en armonía cun texto de frases sinxelas e descriptivas moi pretas aos nenos.

Dende o sinxelo relato atopamos valores importantísimos a traballar non só cos nenos, tamén cos maiores , como son a
AMIZADE, A INOCENZA, A IDENTIDADE INDIVIDUAL E COLECTIVA, A IGUALDADE.
LEO LIONNI TRANSMÍTENOS DE TAL XEITO QUE NON IMPORTAN AS DIFERENCIAS ENTRE AS PERSOAS CANDO O RELEVANTE É A SOLIDARIDADE, A COMPRENSIÓN, A NON EXCLUSIÓN E A CONVIVENCIA.




viernes, 18 de mayo de 2012

18 de maio :DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS

Un museo  é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas, etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.
En 1977 a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos.









O Día Internacional dos Museos celébrase en todo o mundo desde 1977, segundo a resolución 5, tomada na XII Asemblea Xeral do ICOM (Consello Internacional de Museos), en Moscova. Cada ano, un tema é elixido polo Consello Consultivo. O evento ofrece a oportunidade aos museos e aos seus profesionais para achegarse ao público e á sociedade e de facerlles coñecer os cambios que os museos desenvolven posto que son -como expresa a definición do ICOM do que é o Museo-unha institución ao servizo da sociedade e do seu desenvolvemento. O lema elixido é tamén discutido en Noticias do ICOM, unha revista que dá a coñecer as súas actividades e distribúese entre os membros do ICOM. 
O Día Internacional do Museo é un motivo para propiciar as iniciativas que promovan as súas institucións, destinadas ao público, intentando ademais dirixir a atención das institucións das que dependen e dos gobernos cara ás funcións e necesidades dos museos, e incrementando o diálogo entre os profesionais e as distintas disciplinas ou especialidades.

O lema deste ano: 
“Museos en un mundo cambiante. Nuevos retos, nuevas inspiraciones”



PODEMOS VISITAR OS  MUSEOS NA CONTORNA:


En Sada-O Castro de Samoedo:


      Museo Galego de Arte Comtemporaneo Carlos Maside

En Betanzos:


       Museo de As Mariñas
      Museo Fundación CIEC


En A Coruña:

jueves, 17 de mayo de 2012

17 DE MAIO 2012 - LETRAS GALEGAS



Cada  ano, e  nesta data,  un escritor galego  é homenaxeado , e neste 2012  é Valentín Paz Andrade.



Valentín Paz Andrade, naceu na parroquia de Lérez, provincia de Pontevedra, o 23 de abril de 1898. Estudou o bacharelato en Pontevedra e foi á Universidade a Santiago de Compostela onde estudou para avogado. Dende moi novo escribiu en xornais e revistas, chegando a dirixir durante cinco anos o xornal GALICIA, e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. A Valentín gustáballe moito o mar e a pesca, por iso fundou, xunto con outras persoas a empresa Pescanova, adicada á pesca en mares moi afastados de Galicia e colaborou na FAO unha organización que se encarga de controlar a pesca en todo o mundo

Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con "Pranto Matricial", adicado a Castelao. Posteriormente publicou "Sementeira do Vento" e "Cen Chaves de sombra".






Aquí vai un   LIM feito polo profesorado do CEIP Frián-Teis, moitas grazas polo voso traballo:




       http://www.chiscos.net/xestor/chs/frian/valentin_peques/xogo.html





FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS E TODAS!!!!!!!

martes, 15 de mayo de 2012

15 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DA FAMILIA




            Hoxe 15 de maio  celebrase o Día Internacional da Familia, dende que no el ano 1993 a Asamblea Xeneral das Nacions Unidas decidiu elexir este día para a  súa conmemoración.

            A familia, nas súas diferentes formas, é o elemento máis importante da sociedade humana, onde os nenos medran e son educados, onde deben recibir amor, coidados e proteción, ademáis dunha formación integral como seres humanos.
          
            Hoxe hai familias monomarentais, algunhas monoparentais, familias nas que os pais non conviven e incluso outras nas que os pais ou nais son dúas persoas do mesmo sexo. Pero todas se nutren do impulso biolóxico e  emocional que é ese desexo de reproducir nosos xenes e ser con eles eternos. Criar nenos sans, felices, libres e non violentos é o reto que teñen as familias de hoxe, formar o niño onde nosos pitiños aprenderán a voar para chegar onde súas ás lles leven, movidos pola convición de que é posible cambiar o mundo.
            
            Con este Día Internacional da Familia  preténdese concienciar sobre os temas relacionados coa  familia e mellorar a capacidade das nosas institucións para enfrentar problemas relativos a ela mediante políticas globais. A Humanidade cambia hoxe como ten cambiado ao longo da historia e protexer a familia é dar cabida ás diferentes fórmulas que as persoas atopan para vivir  as súas realidades en toda a súa diversidade e libremente.




FELIZ DÍA DA FAMILIA A TODOS E TODAS!!!!






CONTO SOLIDARIO:  "Una familia grande para un nido pequeño"




CANTIGA:         "La familia unida"








lunes, 23 de abril de 2012


O 23 de abril celébrase a nivel mundial o Día do Libro co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Elixiuse esta data pola coincidencia da morte de tres grandes escritores da literatura universal como son Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare na mesma data no ano 1616.

E... ¿por que ler?
  • ·       Lendo un xornal sabemos o que pasa no mundo.
  • ·       Nos libros atopamos historias que nos forman.
  • ·       Unha palabra escrita nun cartel pode guiar unha viaxe.
  • ·       En internet “está todo”.
  • ·       Unha información a tempo (nun xornal, nun anuncio, nun sinal, nunha  carta) pode salvar unha vida.


Os libros en xeral educan, ensinan e permiten explorar novos mundos; descubrir o descoñecido, interpretar o coñecido e despertar en nós sensacións e sentimentos a traves dos seus debuxos, das súas páxinas, dos seus personaxes,...

Lerlles aos nenos e as nenas dende ben pequenos e habitualos á lectura ten múltiples vantaxes. Ter na casa alguén que lles cante, lles conte, que lles lea e dialogue con eles con frecuencia, fai que adquiran antes e de xeito máis eficaz recursos para a aprendizaxe da lectura e da escritura.

A lectura axuda a desenvolver a linguaxe e ampliar o vocabulario, favorece a imaxinación e o achegamento a realidades propias e alleas, é unha oportunidade de conversar e coñecer os seus intereses e inquedanzas.


Habituar os nenos á lectura de distintos tipos de texto e con finalidades diferentes, alimentar o seu gusto por coñecer e facilitar a busca de información, é un bo camiño para acadar o éxito escolar.

 Podemos ler o poema de Ana Mª Fernández,
 e escoitalo na versión musicada de Mamá Cabra,
 “Con tan só leres un libro”, aquí: