martes, 25 de febrero de 2014

VIAXE A XAPÓN.




Aproveitando a estadía de Madlenka e todos nós no Xapón, elaboramos unha preciosa historia en formato  Kamishibai, que é unha forma de contar contos moi popular no Xapón .
 Consiste en narrar un conto ou historia nun teatriño  no que se colocan as láminas, que se van deslizando e pasando según vai discurrindo a historia. O narrador vai lendo o texto que está no reverso mentres os nenos contemplan os debuxos. 
Fixemos un kamishibai colectivo entre todas as escolas do CRA.A experiencia resultou moi boa e creativa porque  os nenos disfrutaron un montón coa actividade e motívalles moito ver o traballo colectivo final. 
Aquí tendes os estupendos resultados:

Ten de música de fondo a canción  Ureshii Hinna Matsuri; podes premer no icono do altofalante para lla baixar ou pausala.


Tamén o podes ler noutro formato: 

Tivemos unha sorpresa extra na nosa primeira incursión no mundo do contos de teatro xaponés: un comentario que nos escribíu un auténtico contador de KAMISHIBAI doutro lado do mundo sobre a nosa viaxe.
 Preme no seu debuxo e verás...


lunes, 10 de febrero de 2014

O DIA DA PAZ

O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da PAZ, este curso  traballamos  os Dereitos da Infancia .

No salón de actos do edificio de A Senra, onde nos reunimos todas as escolas representamos os dereitos dos nenos e nenas traballados, cada escola se encargou de un:

     1º   ESCOLA DE SILVOSO

Quero vivir coa miña familia, que me coiden, que me alimenten  e sobre todo que me queiran.


2º   CARRIO I
Necesito ter un nome e apelidos para distinguirme dos

demáis nenos e nenas.






3º    GUÍSAMO II

Quero que me respeten sen importar a miña relixión, cor de pel, condición física ou lugar onde vivo








 4º   GUÍSAMO I

 Teño dereito a descansar, xogar e divertirme un ambiente san  e feliz.




















5º   GUÍSAMO III

Teño dereito a ser protexido contra a crueldade o abandono e  a explotación




   6º VIXOI

Necesito atención médica e que  coiden  de mín cando estou enfermo.




         7º LUBRE

 Teño dereito a recibir educación e a ter o necesario para estudar.







  8º   CARRIO II

 Teño dereito a decir o que penso e o que sento.


jueves, 16 de enero de 2014

NON É UNHA CAIXA !!!!!!!

Cantas veces temos visto  un neno o día dos  reis, ou no seu  aniversario, abrir todolos agasallos, para logo pasar  horas e  horas xogando coas  caixas que os contiñan?
qué poder pode ter unha caixa para atraer máis co obxeto que  o contén?
A explicación é  doada , unha caixa pode ser cualquera cousa que o neno quera imaxinar, mentres que o obxeto en sí serve únicamente  para o que foi deseñado.





Unha caixa baleira  pode disparar a imaxinación infantil ata límites insospechados e iso l témolo comprobado multitude de veces nas  aulas, observando ao noso alumnado mentras xogan .

Éste poderíamos decir que é o argumento de "Non é unha caixa", editado por la Faktoría K de Libros. No  libro, o pequeno protagonista e interrogado constantemente, quizáis por un adulto, ¿qué fas con esa caixa?, ao que él responde "¡non é unha caixa!". Porque para un pequeno, unha caixa pode ser un cohete espacial, un coche ou  incluso unha montaña.




Un argumento sinxelo en historia (frases directas e curtas) e imaxen (trazos con simples líneas), pero atraente e atractivo á vez, sobre todo polo su formato, xa que está deseñado con aspecto e tacto similar ao das caixas de cartón, perfecto para involucrarnos na historia.
Outra cousa que fai moi  atractivo  este libro son as distincions que ten recibido:
Foi distinguido Libro de Honor del Premio Thedor Seuss Geisel en 2007.



Trala súa publicación en español por FAKTORÍA K la Secretaría de Educación Pública de México  o seleccionou para formar parte do “ Plan Nacional de Lectura 2008” e  do “ Banco del Libro de Venezuela” e incluíuno la prestixiosa  lista  “Los Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2009”.

Tamén foi Libro Distinguido pola Asociación Americana de Bibliotecas, e incluido pola Biblioteca Pública de Nueva York en na lista ‘Uno de los cien libros para leer y compartir’.





A propósito de este simpático libro,  déixovos  un video ("The Adventures of a Cardboard Box") no  que se pode  apreciar ata ónde pode chegar a imaxinación dun neno, xogando cunha simple caixa.



The Adventures of a Cardboard Box on Vimeo
This film was made for the Nokia Shorts 2011 competition. It tells the story of a boy who meets and befriends a large cardboard box, and was shot on a Nokia N8.
I hope you find it as much fun to watch as it was to make.
Cargando más cosas...
Parece que se está tardando la subida. ¿Vuelves a intentarlo?

Cargando vídeos...

The Adventures of a Cardboard Box on Vimeo
This film was made for the Nokia Shorts 2011 competition. It tells the story of a boy who meets and befriends a large cardboard box, and was shot on a Nokia N8.
I hope you find it as much fun to watch as it was to make.
Cargando más cosas...
Parece que se está tardando la subida. ¿Vuelves a intentarlo?

Cargando vídeos...