sábado, 17 de septiembre de 2022

Comezamos un novo curso!

 


  Ola a todos e todas! Benvid@s a un curso novo no Cra de Bergondo!!

   Seguro que tedes moitas cousas que contar despois de tanto tempo sen vernos!

     Antes de nada, quero dicirvos que vos votei moitísimo de menos e que atopei unha canción moi chula que pode servir de comezo ás nosas sesións de biblioteca, aquí vola deixo!




      Esta semana que ven iremos Bieito e máis eu polas escolas cun libro moi especial titulado "Primeira semana na escola de vacas", nel fala da complicada semana que ten Daisy, a filla da vaca Marjorie, na súa primeira semana na escola de vacas, espero que vos guste tanto como a min!




   E a vos, que tal vos foi a primeira semana??

                             ATA PRONTO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario