Ola! Hoxe é un día especial! celebramos o día escolar da no violencia e da paz. Por ese motivo, Bieito e máis eu escollimos un conto que, seguro, que vos vai a gustar un montón, titúlase "Los niños no quieren la guerra" do autor Eric Battut, esperamos que vos guste moito.
Ola!! Estamos, un ano máis, en Nadal. Nesta época todo son luces, cenas familiares e regalos de Papá Noel pero, sabedes que nalgúns países Papá Noel non ven ás casas da xente? Tamén hai outras personaxes de Nadal que regalan cousas e ademáis fan algunhas trastadas, algunhas podémolas ver no libro que vos contaremos Bieito e máis eu esta semana. titulado "Cosas que pasan en el mundo cuando es Navidad"
Estas dúas semanas imos a ler contos de medo! Empeza o noso samaín!
Bieito e máis eu leerémosvos dous contos:
e
Despois de estar sentados escoitando os contos, non tedes ganas de bailar un pouco? Algúns cantantes galegos teñen cancións dedicadas a esta festa, imos a ver algunhas...
A festa do samaín xa se celebraba na época dos celtas, celebra o fin do verán e o principio do outono
Como o celebramos agora?
Que teñades unha semana terrorífica! Feliz samaín!
Ola! esta semana imos a ler Bieito e máis eu o conto "O círculo de Miró quere ser esqueleto", que nos conta a historia dun círculo que está nun famoso cadro de Miró que quere ter un esqueleto, para iso, outras partes de cadros de Miró axudaranlle. Seguro que vos gusta!!
Sabedes quen foi Miró? foi un pintor moi famoso, ten moitos cadros que son moi divertidos e coloridos, no seguinte video podedes velos
Vos animades a facer o voso propio cadro inspirándoos en Miró?
O libro que imos a ler Bieito e máis eu esta semana titúlase "A veces mamá tiene truenos en la cabeza" de Bea Taboada.. Nos ensina os diferentes estados de ánimo que pasa, neste caso, unha mamá, comparándoos coa metereoloxía.
Esperamos que vos guste!!
Podedes atopar algúns exercicios premento enriba de "Exercicios do conto":
Ola! a semana pasada comezou o outono, así que Bieito e máis eu escollimos un conto titulado "En otoño, castañas!" que fala de dúas xoaniñas que van a buscar cogomelos,... se pulsades enriba do vídeo podedes escoitar e ver o conto!
Gustouvos??, vos deixo a continuación un puzle sobre a portada do conto!!
Ola a todos e todas! Benvid@s a un curso novo no Cra de Bergondo!!
Seguro que tedes moitas cousas que contar despois de tanto tempo sen vernos!
Antes de nada, quero dicirvos que vos votei moitísimo de menos e que atopei unha canción moi chula que pode servir de comezo ás nosas sesións de biblioteca, aquí vola deixo!
Esta semana que ven iremos Bieito e máis eu polas escolas cun libro moi especial titulado "Primeira semana na escola de vacas", nel fala da complicada semana que ten Daisy, a filla da vaca Marjorie, na súa primeira semana na escola de vacas, espero que vos guste tanto como a min!
Ola! O día 23 de abril celebramos o día do libro, sabedes por que é nesta data?
Ler e ollar libros lévanos a moitos lugares e vivimos aventuras coas personaxes dos contos, tal e como dí Requetecorcheas
Nalgúns lugares de España como en Cataluña, ás mulleres se lles regala unha rosa e aos homes un libro ,tamén se organizan, neste día, moitos mercadillos onde podemos mercar libros novos e de segunda man.
Aqui vos deixo a lenda de San Jorge e o dragón para que sepades por qué se lles da ese día unha rosa ás mulleres polo día do libro
Esta semana celebramos o día da paz nas escolas e na biblioteca tamén. Este ano falaremos do Dalai Lama, as bandeiras tibetanas e outras cousas máis. Comezamos?
Primeiro falaremos sobre o budismo, sabedes como se orixinou? Atentos ao video
Agora que xa sabemos quen é buda, imos a saber que é e que fai un Dalai Lama
O Dalai Lama é un líder espiritual que transmite os valores de buda como a compasión. Cando o Dalai Lama morre, reencárnase nun bubé que, será educado e preparado para ser o novo Dalai Lama ata a súa morte pero, quen é o actual Dalai Lama?
Outro elemento moi importante da cultura budista son as bandeiras tibetanas, as hai de diferentes cores, no seguinte video explican a súa función
A que xa sabedes que dentro de poucos días imos estar de festa? É unha festa terrorífica chea de pantasmas, cabazas, bruxas,... siii, xa chega o samaín!
Para celebrar estas festas, temos moitos libros moi interesantes, un deles é o que vedes primeiro, titúlase "¡Cómo mola tu escoba!" e está escrito por Julia Donaldson, que escribiu outros libros que xa vistes como "El grúfalo". Este é o libro que contaremos dende a biblioteca, seguro que vos encanta, déixovos o vídeo abaixo para que o escoitedes as veces que queirades.
Outro conto moi chulo que podedes ler nestas datas, é o de "Corre, corre cabaciña", é un conto moi divertido, aquí vos deixo tamén a historia....
Apetécevos bailar un pouco? imos a facelo cunhas cancións de.... samaín, claro!
Todos somos uns artistas, iso o temos claro, pero... que pasa cando hai xente cercana a nós que non comprende a nosa arte? Iso é o que lle sucede ao noso protagonista, ollade o seguinte vídeo e verdes o que lle pasa!!
Aquí vos deixo unha páxina de internet, na que podedes debuxar, colorear,.... se premedes enriba dela, disfrutade!!
Ola! Xa chegamos ao final deste 2020, esperemos que o ano que ven sexa moito mellor e pronto poidamos quitarnos a mascarilla e volver a abrazarnos e xogar todos xuntos.
Dende a biblioteca do CRA, Bieito e máis eu, suxerimos uns libros para estas vacacións baseándonos nas recomendacións da Biblioteca de Pancho e Flora do CEIP Rosalía de Castro.
Ola! Bieito e máis eu queremos falarvos dunha artista moi especial, chámase Yayoi Kusama, unha muller cunha visión artística moi adiantada a súa época. Podedes escoitar neste vídeo o conto de novo
Pero... queredes saber un pouco máis dela? Imos ver algunha das súas obras
Podemos xogar un pouco... se pulsades enriba da imaxe, podedes ir ao blogue de Pintureiro para aprender e xogar un pouco cos puntiños de Yayoi
Por certo, non pensedes que nos olvidamos de que estades a tratar do tema da auga!, Yayoi pintou algún cadro con este tema, aquí volos deixo!
Ola a todos e todas! Esta semana, Bieito e máis eu, aproveitando que o día 20 de novembro é o día universal da infancia, ímosvos contar unha historia moi chula que fala sobre a importancia da tolerancia, este conto titúlase "Salvaje" está escrito por Emily Hughes.
Este conto danos moito que pensar... está ben que impoñemos as nosas ideas aos demais?, que cousas nos fan especiais?
Despois de falar un pouco, podemos facer a nosa versión da portada do libro, para iso, podemos debuxar ou colorear o debuxo que vos deixo e despois pegarlle papeis de cores no pelo
Este experimento é moi chulo e prodúcese pola capilaridade do papel de cociña, o que fai que no vaso que está no medio dos que teñen cores, apareza auga coa mestura das dúas cores dos vasos nos se sumerxiu o papel.
Mentres esperamos ao resultado do noso experimento, nesta sesión falaremos do medo, para iso, Bieito e mais eu contaremos o conto "Todo lo que se del miedo" de Jaume Copons e Pep Montserrat
Se queredes volver a velo na vosa casa, podedes facelo dende aquí...
Despois de ver o conto, podedes debuxar que é o que vos da máis medo