martes, 17 de marzo de 2020

EL PINGÜINO MARCELINO DE COLOR AZUL MARINO

Hoxe vai outro contiño de pingüins pero con sorpresa, non ten final, o tedes que inventar vós.

 Tamén deixo unha ficha que fixo a profe Rosa para que debuxedes o final do conto.



lunes, 16 de marzo de 2020

MENSAXE DE BIEITO POLA CRISE DO COVID-19

Boas familias! Xa sabedes que estos días temos moito tempo para estar cos nosos fillos/as na casa e todos intentamos que pasen as horas o mellor posible.
Bieito quere enviar unha mensaxe a todo o alumnado do CRA de Bergondo, dando ánimos.


 Aquí vai o contiño: "PERDIDO Y ENCONTRADO".de Oliver Jeffers
Xa sabedes que despois podedes facer un debuxo sobre o conto, unha manualidade, un monicreque...


miércoles, 4 de marzo de 2020

8 DE MARZO HOMENAXEAMOS ÁS MULLERES

Este curso homenaxeamos dende o CRA de Bergondo a Dian Fossey, xa que estamos traballando o proxecto anual de "Planeta animal".
Dian Fossey foi unha brillante zoóloga norteamericana recoñecida pola súa labor científica e a súa defensa dos gorilas.
O seu carácter forte e apaixoado levoulle a loitar ferozmente contra o tráfico de animais e a caza furtiva. Unha loita que, aínda que acabou costándolle a vida, conseguiu salvar da extinción a unha especie única: a dos gorilas das montañas.




domingo, 1 de marzo de 2020

ENTROIDO

Viva o entroido!!!!!!!!
No CRA de Bergondo gústannos moito estas datas, días de celebración e de pasalo ben.
Para poñernos en situación e coñecer un pouco máis do entroido galego e das nosas tradicións, escollimos un libro moi completo, sinxelo e cunhas ilustracións excepcionais. Titúlase " É tempo de Entroido", de Ramón D. Veiga e David Sierra, da editorial Xerais.


Encantounos este libro e o recomendamos totalmente.

lunes, 27 de enero de 2020

DÍA DA PAZ

Para celebrar a conmemoración do día da paz , o xoves 30 de xaneiro, este ano Bieito levará polas escolas do CRA o libro: Amables, un libro no que parte dos beneficios obtidos coa súa venta dóanse á organización benéfica Three Peas, que axuda a xente que tivo que abandoar o seu fogar.
 "Amables" é un precioso álbum, ilustrado por 38 artistas de gran prestixio, que amosa dunha forma tenra e bonita todas as maneiras en que os seres humanos podemos ser amables no noso día a día.


jueves, 19 de diciembre de 2019

CURSO 2019-2020

Ola familias, este curso empezamos novo proxecto. "Planeta animal". Traballaremos os animais en diferentes hábitats, o bosque , os polos e a sabana.
Na biblioteca do CRA xa estamos traballando este tema con moitos libros , comezando por adaptar 
 " O bosque animado" co que arrancamos o noso proxecto.
 Como agora chega o Nadal e hai moitos regalos que pensar, suxerimos dende a biblioteca algúns libros interesantes de diferentes temáticas, incluíndo a do proxecto anual.



domingo, 4 de junio de 2017

UNHA VIAXE AO PASADO

Un ano máis colaboramos co CPI Cruz do Sar e facemos un traballo en común coa biblioteca. Este ano o tema que traballaron no Cruz do Sar era : E ti de quen ves sendo?. A nosa aportación foi un traballo que fixemos durante todo o curso , o proxecto : Unha viaxe ao pasado, que resumimos nun libro elaborado na biblioteca do CRA de Bergondo, onde mostramos todo o que fixeron os nenos do CRA este curso. Tamén aportamos moitas cousas feitas polos nenos, as mestras e as familias.
Esperemos que os guste.