jueves, 29 de noviembre de 2012

DÍA DAS LIBRARÍAS


30 de Novembro. DIA DAS LIBRARÍAS










Os libreiros e libreiras gustan de  ler e aconsellar libros as  clientes.

 O venres 30 acércate a libraría, teñen o teu libro

jueves, 15 de noviembre de 2012

20 de novembro, Día Universal da Infancia: Cantos días cumpren os teus dereitos?


Día Universal da Infancia

20 de novembro



En 1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se instituíse en todos os países un Día Universal da Infancia, que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989. Por iso, o 20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.




 

A Convención di...
Os Estados Parte darán a coñecer amplamente os principios e disposicións da Convención por medios eficaces e apropiados, tanto aos adultos como aos nenos”
Artigo 42
A Convención sobre os Dereitos do Neno

Xa transcorreron máis de vinte anos dende que se aprobou a Convención sobre os Dereitos do Neno e todos os países do mundo (salvo Estados Unidos e Somalia) ratificárona, converténdose así no instrumento de Dereitos Humanos máis amplamente refrendado na historia da humanidade.
A pesar disto, cada día vulnéranse os dereitos de millóns de nenos e nenas en todos os países do mundo e, polo tanto, tanto as institucións como a sociedade civil deben responder a este reto eseguir loitando para que a Convención se converta nunha realidade en beneficio dos nenos e nenas do mundo.





O 20 de novembro celebramos  entón o aniversario da Convención sobre os Dereitos do Neno, que entrou en vigor en 1989. Dende entón millóns de nenos e nenas gozaron cada día dos seus dereitos. En 2012 a Convención cumpre 8401 días. Cada un deles recórdanos ocompromiso da humanidade para que ningún neno, nena ou adolescente se vexa privado de dereitos como a supervivencia, a educación ou a protección.







Cantos días cumpren os teus dereitos?



Unímonos a esta festa mundial celebrando cos
alumnos e alumnas o aniversario dos dereitos da infancia.
 
.
En 2012 a Convención cumpre 8401 días. Cada un deles recórdanos o compromiso da humanidade para que ningún neno, nena ou adolescente se vexa privado de dereitos como a supervivencia, a educación ou a protección.

Dende entón millóns de nenos e nenas
gozaron cada día dos seus dereitos


Queres saber cantos días teñen os teus dereitos e cantos cumprirás o 20 de novembro?

Descubre cómo





CantaJuego invítanos
a cantar e bailar xuntos
no día Universal dos
Dereitos da
Infancia. Propón
utilizar a música e o
movimento, activar a
imaxinación e a
fantasía para recordar que o xogo é un
dereito fundamental da infancia.


Letra de la canción
Yo tengo derecho a jugar, tengo derecho reír
Tengo derecho a cantar
En cada lugar donde viva,
El juego es mi vida y mi libertad
Yo tengo derecho a estudiar, tengo
derecho a saber
Y aprender a respetar
En cada rincón de mi escuela
Encuentro ternura, amor y amistad
Jugando, llego hasta el cielo
Jugando, puedo crear
Un mundo de caramelos
Y un sol como el de verdad
Yo tengo derecho a escuchar, cuando
un amigo me cuenta
que triste está hoy
porque ha perdido su risa, la tiene la gente
que ya olvidó
Que tiene derecho a jugar, tiene derecho a reír
Tiene derecho a cantar,
En cada lugar donde viva
La vida es el juego de la libertad



domingo, 4 de noviembre de 2012

Tempo de Samain e Magosto




O pasado martes, 30 de outubro, celebramos cos nosos alumnos o Magosto e o Samaín, facendo unha saída . Pasaron os autobuses a recollernos pola escolas para levarnos cara á Senra onde nos xuntamos todos e o grupo Matapiollos estábanos a esperar cunha actuación de maxia e contos que estivo moi entretida e divertida. Logo estivemos no CPI Cruz do Sar, o colexio dos maiores, onde estabamos invitados a ver unha exposición de cabazas elaboradas polos alumnos e as súas familias, eran espectaculares, estivemos a escuras, á luz das candeas, coas cabazas, morcegos, arañas... “pasamolo de medo”. A continuación marchamos a Santa Marta de Babío, onde na casiña dos artesáns, estaba o Sr. Benigno asando as castañas na lareira, das que dimos boa conta acompañando o manxar cos batidos de chocolate que nos regalaron do comedor do CPI .
Nos blogues de todo o CRA haberá fotos e vídeos da saída, deixo aquí unha mostra delas:











A nosa saída foi publicada na prensa, deixo o enlace:

http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/los-mas-pequenos-de-bergondo-celebran-en-babio-el-tradicional-magosto-otonal/20121030225735084264.html