jueves, 30 de abril de 2020

Día da nai

Bo día!!!
Xa sabedes que o domingo é un día especial. O día da nai, que este ano non podemos celebrar en familia, só os que estamos na casa.
Pero supoño que prepararedes algunha sorpresiña...





Deixo este fermoso conto: Adivina Cuánto Te Quiero, de Sam McBratney y Anita Jeram, unha historia moi tenra.


                    

E para os que aínda non pensáchedes no agasallo para sorprender a mamá deixo ideas atopadas na rede.




Boa finde!!!!!

miércoles, 29 de abril de 2020

Libros

Ola chic@s!
Hoxe quero que vexades outro video creativo de María, nai de Noa, que fixo con algúns libros que seguro que coñecedes.
Grazas María, está xenial!


Podedes facer estas fichas que propuxo a profe Rosa de Silvoso de unir as portadas cos títulos dos  libros.

E agora atentos, porque no blogue dos Cadrados de Guísamo hai un video chulísimo deles explicando e falando do seu libro favorito.



Sodes xeniais!!!💖💖💖
E por último un contiño máis sobre o coronavirus " Un bichito con corona" de Yolanda Martínez.





martes, 28 de abril de 2020

GUAPA

Bo día!!!

Hoxe traio un conto versionado por mín e a miña familia do libro "GUAPA" de Canizales , que fala da autoestima e de aceptarte tal e como eres.



Esta é unha versión "cutre" feita na casa ... espero que o seu autor non se ofenda..e que vos riades un pouquiño para facer máis levadeiros estes días. 
Velaí o video







E se queredes facer un traballiño... deixo unha ficha sobre o conto na que vos tedes que debuxar dentro do espello. Non esquezades ningún ollo ou nariz...😉









lunes, 27 de abril de 2020

¡NO!

Bo día!!!
Como foi o voso paseo de onte? Espero que aproveitárades ben para correr, brincar, xogar...
O conto de hoxe trata dun can moi simpático, ol que a súa familia  quere moito pero hai un misterio que rodea o seu nome.  Él cree que se chama “No”, debido a que eso é o que todo o mundo berra cando fai calquer cousa.
Podemos reflexionar con este conto sobre as veces que lles decimos "no" aos noso fill@s sen darlles explicacións nen alternativas... 



Tamén deixo un video de como facer un can de papel



A divertirse!!!!

 E para rematar por hoxe deixo outro debuxo do libro preferido de Ainara Crespo. Gracias Ainara!!

 

viernes, 24 de abril de 2020

OS TRES PORQUIÑOS

Bo día familias!!!
Seguimos cun contiño clásico que moito nos gusta a todos..."Os tres porquiños". Pero esta vez non será un video. É un conto musicado, só tedes que escoitar con atención.
Picade na imaxe para escoitar o conto.

https://drive.google.com/file/d/1JvuEtSdtNrWZpehh_DEqqCkBlzJ22ntB/view?usp=sharing


E agora a bailar un pouco...Pinchade na imaxe para escoitar a canción do conto.

https://drive.google.com/file/d/11OO_F8AhvAnKV4dfWT1SgVTlZq84TgEf/view?usp=sharing

 E si queredes traballar un pouquiño deixo ideas para facer algunha manualidade divertida




jueves, 23 de abril de 2020

DIA DO LIBRO

Ola a tod@s e FELIZ DÏA DO LIBRO!!!!!!!🌹📖
Hoxe hai que celebrar o día do libro porque no CRA de Bergondo encántanos ler e que a nosa mascota da biblioteca todas as semanas nos sorprenda con libros maravillosos.
Para empezar queremos dar as grazas a todas as familias por participar nesta actividade e polo apoio e cariño  que estades a amosarnos  tódolos días.💕💞
Todos os debuxos son preciosos e seguro que costou escoller un libro entre todos os que vos gustan.
Velaí as vosa obras, estes nenos e nenas do CRA son maravillosos.

Pinchade na foto.
 

E seguimos coa celebración do día do libro cun video moi orixinal.
Os libros son unha fonte de aprendizaxe, de coñecementos, fannos disfrutar, emocinarnos, despertar a curiosidade, e desenvolver a creatividade....
Aquí temos unha mostra , Catuxa (nai de Telmo), sorprendenos con este video que xenerosamente comparte con nós. Espero que vos sorprenda.
Gracias Catuxa!!
https://drive.google.com/file/d/1G2rxY26l6qxOzpdjffdFf8y12vpy8Ta-/view?usp=sharing 


Xa sabedes...a ler un pouquiño tódolos días.
Un forte abrazo!!!!

miércoles, 22 de abril de 2020

CONTO NARRADO



Como ides rapaciñ@s?
Veña que xa queda pouco para poder saír a pasear.
Hoxe propoño que vexades un conto moi orixinal que fixo a profe Rosa de Silvoso. premede na imaxe




E agora se queredes facer uns títeres de dedo podedes colorear, recortar e listo... Pinchade na imaxe que hai máis personaxes.

http://www.imagui.com/a/titeres-de-dedo-para-colorear-Tpeao6enr

martes, 21 de abril de 2020

Un contiño de Bieito

Ola familias!!!
Seguimos contando historias para que este tempo na casa sexa o máis levadeiro posible.
Hoxe vou contar eu un dos contos que máis lle gustan a Bieito e así saúdo a eses peques que o están facendo de maravilla.
O conto que vou ler titúlase " ¿De qué color es un beso?" de Rocío Bonilla , cunhas ilustracións moi bonitas.
Espero que vos guste.




RECORDADE!!!!! O xoves 23 de abril, celebramos o día do libro. A Bieito gustaríalle moito que lle fixésedes un debuxo do voso libro preferido e que enviedes a foto a este correo: bibliocraber@gmail.com..
Despois publicaremos todas as fotos no blogue. 

Si queredes colorear bicos propoño varias ideas para pintar como queirades.








( Imaxes de Google)
E por último un enorme bico para todos os nenos e nenas do CRA de Bergondo e para as súas familias!

lunes, 20 de abril de 2020

O GRÚFALO

Ola, como  estades hoxe?

Imos ver o conto de Grúfalo, unha historia divertida de Julia Donaldson.Nela aparecen diferentes animais como o rato, o moucho, o raposo e a serpe. Cal é o máis astuto?...

           


Na páxina  https://www.aprenderjuntos.cl/el-grufalo/
hai un montón de fichas e actividades deste libro, preme na imaxe e atoparás máis.
https://www.aprenderjuntos.cl/el-grufalo/



 Tamén podedes visitar a páxina web do Grúfalo e xogar online. Preme na imaxe e a disfrutar...
https://www.gruffalo.com/

Xa sabedes que esta semana celebramos o día do libro. A Bieito gustaríalle moito que lle fixésedes un debuxo do voso libro preferido e enviedes a foto a este correo: bibliocraber@gmail.com..
Despois publicaremos todas as fotos no blogue. 
Un bico grande!

viernes, 17 de abril de 2020

Un pouco de poesía

Bo día!!!
Hoxe escoitaremos un pouco de poesía divertida de Gloria Fuertes



E queredes xogar un ratiño?
Hai que adiviñar de qué animal falan. Preme na imaxe e chegarás ao xogo da editorial SM. Hai de animais salvaxes e domésticos.

https://recursosyoaprendoencasa.grupo-sm.com/infantil-que-soy/


Ata o luns!!!

jueves, 16 de abril de 2020

QUIERO SER COMO TÚ

Ola a todos!!!
Teño por aquí un contiño moi bonito de animais , "Quiero ser como tú", de Cristina Oleby.
Trata de que varios animais da sabana teñen cousas que non lles gustan deles e queren ser como outros animais. Por suposto non vos conto o final....Dentro video...

                   

Xa sabedes, todos e todas sodes maravillosos...
E agora, se queredes, podedes facer unha pequena tolería e debuxarlle a cada animal un corpo diferente.


miércoles, 15 de abril de 2020

Coelliño branco

Bo día rapaces e rapazas. Este mércores imos cun contiño precioso "Coelliño branco"  de Xosé Ballesteros.

Seguro que agora queredes facer un coelliño con materiais que teñades pola casa. Pois propoño varias ideas:




                                                 







(Imaxes de Google)

martes, 14 de abril de 2020

Un bico de Bieito

Ola outra vez! Xa estamos de volta.
Hai alguén que ten moitas ganas de veros....Bieito.




Teño por aquí un video dun teatro de sombras, algo que podedes facer vós con axuda dos vosos pais. É a historia " La pequeña oruga glotona".
Deixo tamén unhas instruccións para crear un teatrillo de sombras na casa, pinchade na foto

(Recurso atopado en www.pequeocio.com)
E como o conto vai dunha eiruga tamén quería recordar unha manualidade que gustou moito no cole.

viernes, 3 de abril de 2020

PÁJARO AMARILLO

Ola a todas/os!!!
Hoxe traio un conto divertido de Olga de Dios, cun protagonista moi inxenioso.
Esta autora ten na súa páxina web todos os seus libros para descargar libremente e tamén fichas para colorear dos seus contos.https://olgadedios.es/
No seguinte enlace podedes descargar as fichas para colorear de todas as personaxes de " Pájaro amarillo"
https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2015/09/Coloreables_PajaroAmarillo_OlgadeDios.pdf



Hoxe propoño que fagades unha casa de páxaros con materiais de refugaxo.Deixo algunhas ideas que atopei na rede ( todas son imaxes de google)







jueves, 2 de abril de 2020

Como enseñar a tu cocodrilo a lavarse los dientes

Bo día. Hoxe deixo un recurso que ofrece o grupo Anaya .
O conto titúlase "Como enseñar a tu cocodrilo a lavarse los dientes". Tedes debaixo o enlace para acceder á presentación do libro.



https://issuu.com/grupoanayasa/docs/bc004478_como_cocodrilo_interior_4c_cast

Na páxina https://issuu.com/grupoanayasa/stacks/6f96ef708f4c42e4af792116cf2fa164, podedes atopar outros libros.
Deixovos tanén unha ficha do conto.