domingo, 25 de octubre de 2015

O vento de Antón

Este mes é tempo de castañas, castañas asadas ou cocidas para comer ata fartar.
Pero... temos que ter coidado, porque como nos conta Bieito con este conto, moitas castañas na barriga traen consigo ventos trangalleiros.

Desta volta, lemos O vento de Antón.



video

Mirade que cousa tan bonita!

Agora a esperar á próxima sesión. A ver que nos trae Bieito! :D

miércoles, 14 de octubre de 2015

Las 4 estaciones desde el gran ÁRBOL

Esta semana Bieito tróuxonos o conto: Las 4 estaciones desde el gran ÁRBOL.






Despois de ler o conto xa sabemos que os mouchos viven nun burato no tronco dunha árbore. Dende a súa casa pode ver como pasan as estacións. Como florecen as árbores, plantas e flores, como aparecen os froitos, como caen as follas no outono e a neve no inverno. 

Aprendemos que tamén podemos mouchear como Bieito pero só coas mans!


video



A para levar un recordo deste día de biblioteca, fixemos un marcapáxinas dun moucho e decoramos outro como grandes artistas!






E para a próxima? A ver qué nos trae Bieito... :D



domingo, 4 de octubre de 2015

Coñecemos ao MOUCHO BIEITO!!

Por fin coñecemos á nosa nova mascota: O Moucho Bieito!



E escoitamos por primeira vez a canción que cantaremos con Bieito cada día de biblioteca, xusto antes de ler os contos: "Pois imos contar un conto" de Pablo Díaz.


Esta primeira semana, Bieito tróuxonos o seu conto, o que fala del e da súa vida no bosque. Así que descubrimos que o noso moucho é policía e vixía aos animais e o bosque tódolos días.

Tamén aprendemos que os mouchos non falan coma nós, mouchean! e usamos un reclamo para asubiar e aprender a mouchear!



video




E para rematar, decoramos a nosa caixa para os contos do moucho Bieito. Una chea de contos con moreas de historias que Bieito nos deixa para les durante todo o mes!

video



E na próxima sesión? Veremos Bieito qué nos trae. :D