viernes, 29 de mayo de 2020

XOGOS CON AUGA

Bo día !!!
Un día máis seguimos xogando...e con este calor que mellor que xogar con auga.
Recordades o conto do cocrodilo que non lle gustaba a auga? Pois aquí o tedes

                

Pois como a vós si que vos gusta a auga deixo aquí moitas ideas:



Se picades na seguinte imaxe explicanvos algúns experimentos con auga
https://saposyprincesas.elmundo.es/ocio-en-casa/experimentos/experimentos-con-agua-para-hacer-con-ninos/


Tamén a profe Lucía pasoume este enlace onde nos amosan máis xogos divertidos (picade na imaxe).

https://elsonidodelahierbaelcrecer.blogspot.com/2014/06/juegos-de-agua-sensomotrizmente.html?m=1

E como esta semana estivo adicada ao xogo e pedin que enviásedes fotos , aquí tedes o maravilloso abecedario que fixo Candela da escola de Silvoso. Elaborouno con follas decoradas, e paréceme precioso e moi orixinal. Moitas grazas Candela!! !💖






Xa sabedes xogade moito... sós, en compañía, xogos de sempre, xogos inventados.....pero xogade moito!!!!

jueves, 28 de mayo de 2020

INVENTAMOS XOGUETES

Ola nenos e nenas!!!
Hoxecelebramos o "Día internacional do xogo" e imos a facer de inventores e crear xoguetes.
O importante é que usemos materiais de refugallo.
Inspireime neste libro;" Juguetes reciclados"de Ed. Picarona.



Nel aparecen xoguetes feitos con material de refugallo como selos con corchos, bolos, memori de noces...
Na rede hai moitas ideas e tamén nas vosas cabeciñas. Todo sea por un planeta máis limpo, reciclar, reutilizar e reducir os residuos.
Coa imaxinación que tedes seguro que se vos ocorren xoguetes xeniais.
Vou poñer algunhas cousiñas que atopei por internet.







 E xa que hoxe falamos de crear xoguetes o conto que vos propoño´é "Pinocho", un boneco creado po Geppetto que cobrou vida.




E xa sabedes, se inventades algún xoguete mandade a foto a bibliocraber@gmail.com.
Mañá seguiremos xogando con xogos de auga.

miércoles, 27 de mayo de 2020

XOGAMOS COS NÚMEROS

Bo día!!!
Hoxe seguimos xogando cos números.



Para comezar veremos un conto " Diez ratones y un gato"



E tamén unha canción



E como xa sabedes podemos xogar de moitas maneiras cos números. Deixo ideas por aquí que fixen na casa.



Hai moitas cousas para facer con materiais de refugallo que tedes na casa

 
Ademáis podedes xogar a : 
Sudokus
Crucinúmeros
Unir puntos numerados para facer un debuxo
Recortar os números dun calendario vello e ordealos.
Xogos online como o que hai si pinchades na imaxe:


https://www.juegosarcoiris.com/juegos/numeros/contar/

Xa sabedes que ao longo desta semana estou xuntando fotos de xogos que facedes. Enviade a bibliocraber@gmail.com

martes, 26 de mayo de 2020

XOGAMOS COAS LETRAS

Ola a tod@s!!!
Este martes toca xogar coas letras.


Comezamos con este libro Abecebichos de Daniel Nesquens



Tamén hai outro libro o ABC animal que vos contei fai uns días.
Podedes volver a velo pinchando aquí ↓


Eu fixen moitos xogos cos meus fillos estos días . Aquí deixo fotos para darvos ideas.
Proposta de xogos de hoxe:
Recortar letras de periódicos e  revistas e formar palabras.


Facer letras con elementos da natureza


Debuxar letras en fariña, area ou sal.

Facer letras nun xeoplano (neste caso é caseiro)


Facer acrósticos

Construimos palabras con cousas que atopamos pola casa, pola cociña por exemplo.

Usamos materiais de reciclaxe para facer letras ( tapóns, cartóns, tubos de papel hixiénico...)

Facemos letras de plastilina.
Buscamos letras pola casa ou pola rúa. 
Facemos letras co noso corpo.
Sopas de letras
Crucigramas

Hai infinidade de xogos coas letras, a ver si nos sorprendedes.
Enviade algunha fotiño a bibliocraber@gmail.com. O venres publicarei tódalas fotos de xogos que me enviedes. 
Un bico grande!!!!


lunes, 25 de mayo de 2020

XOGAMOS COAS CORES

Bo día!!!
Comezamos unha nova semana, na que celebraremos o día internacional do xogo .Por iso ao longo da semana xogaremos con moitas cousas.
 Hoxe comezamos con este conto LA NIÑA DEL PARCHE EN LA CIUDAD DE LOS COLORES OLVIDADOS que empeza con tristeza pero acaba cheo de cor.



Xa sabedes ...a vida está chea de cores..
E que tal se pintamos un pouco? Probade a facer mezclas de cores, con diferentes materiais non só pintura (fariña, area, azucre,sal, espuma de afeitar, purpurina...) Se pinchades na imaxe hai moitas ideas.

https://www.materialeseducativosmaestras.com/2018/02/materiales-caseros-aula.html

Tamén podedes pintar elementos da natureza como pedras, follas, paos,cortezas, etc





E probade a pintar con diferentes utensilios: as mans, plumas, pinceis feitos con ramas, bastoncillos,esponxas, etc.



Xa sabedes,,,a experimentar e imaxinar, pero con moita cor...
 E mirade que bolboreta máis colorida mandou Daniel Cives. Gracias Dani, encántanos que nos enviedes fotos. Unha bolboreta preciosa.


 Se queredes mandar máis fotos dos traballiños que facedes eu ascolgareinas no blogue.( bibliocraber@gmail.com)

Ata mañá!!!!




viernes, 22 de mayo de 2020

GATO GUILLE E OS MONSTROS

Bo día!!!! 
Este venres imos cun conto que fala dos medos. "Gato Guille e os monstros"

 



Aquí tedes o conto



Hoxe representamos os nosos medos. Debuxa o teu medo, e procura explicar o que sintes aos teus pais.
Despois imos crear a caixa dos medos, unha caixa de cartón para introducir os medos debuxados.  
Ese medo o compartimos e o falamos cos adultos (familia, profesorado...) para buscar posibles solucións.
A emoción física do medo , en que parte do corpo sintes o medo? 
O protagonista do conto ponsea tremer, pero é importante que cada un recoñeza onde sinte fisicamente o medo. Debuxa a túa silueta corporal e indica onde sintes o medo
Máis información relacionada en www.acompanamentoemocional.es

E para que non lle teñas medo aos monstruos crea ti mesmo un..
https://www.cokitos.com/juego-crear-un-monstruo-de-colores/play/




jueves, 21 de mayo de 2020

ORELLAS DE BOBLBORETA

Bo día!!!!
mariposa-imagen-animada-0290

Hoxe toca un fermoso conto "Orellas de bolboreta", trata dunha nena da que se ríen os demáis rapaces e ...non podo contar o final.
Cóntovos o conto eu neste video.

                                                   
E xa que falamos de bolboretas podedes facer algunha. Intentade facelas con materiais de refugallo que teñades por casa ou con elementos da natureza se tedes xardín ou si saídes a dar un paseo.
 Na miña casa fixemos varias para darvos ideas.







Podedes mandar algunha foto si queredes a bibliocraber@gmail.com






miércoles, 20 de mayo de 2020

ABC ANIMAL

Ola a tod@s!!!!
Este mércores imos con animais. Este libro, trae un animal por cada letra . Queredes que o lea? Pois atentos...picade na imaxe.

https://read.bookcreator.com/x1l1OIDsZhbIWR9MpLTIyiUpe7P2/diYIK4AJTcW_KQ5emmyLFw

Podedes colorear as letras de animais


https://www.escuelaenlanube.com/abecedario-animal-para-colorear/


E consultar este abecedario de animais

https://alphabetimals.com/es/#diccionario