martes, 24 de febrero de 2015

MAN, O alemán de Camelle

O Día Escolar pola Paz o celebramos coa visita da escritora e a ilustradora do libro de Man o alemán de Camelle: Beatriz Maceda e Laura Veleiro en a Senra.




Man, o Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de Camelle pode gozar.

Man naceu e pasou a súa infancia en Alemaña, tiña sete irmáns e estudara arte en Italia. En Suiza impartiu clases de arte a persoas con problemas de integración social. O seu interese pola perservación do medio ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega leváronno ata a Costa da Morte.
Chegou a Camelle en maio de 1962 nas festas patronais e dende aquela instalouse no pobo este alemán solitario, educado, de bó aspecto e con aire de turista, quedouse alí para sempre.
En novembro de 2002 e durante o accidente do Prestige, a mancha do petróleo dañou as súas esculturas. Pensa a xente que Man deixouse morrer de melancolía e tristura.
O 9 de novembro del 2010, un temporal destruíu o que quedaba da súa obra.


Tivemos a sorte de ter con nós ás autoras do libro de Man, Beatriz e Laura, que nos contaron porque e cómo fixeron o libro.Nos  dedicaron o exemplar da nosa biblioteca  agasallándonos tamén con láminas das ilustracións do conto asinadas por elas, e nos animaron a participar no obradoiro de pintado de pedras para que nos sentiramos artistas  da natureza como Man.