domingo, 4 de junio de 2017

UNHA VIAXE AO PASADO

Un ano máis colaboramos co CPI Cruz do Sar e facemos un traballo en común coa biblioteca. Este ano o tema que traballaron no Cruz do Sar era : E ti de quen ves sendo?. A nosa aportación foi un traballo que fixemos durante todo o curso , o proxecto : Unha viaxe ao pasado, que resumimos nun libro elaborado na biblioteca do CRA de Bergondo, onde mostramos todo o que fixeron os nenos do CRA este curso. Tamén aportamos moitas cousas feitas polos nenos, as mestras e as familias.
Esperemos que os guste.

lunes, 15 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017

Todos os anos celebramos o día das Letras Galegas homenaxeando ao escritor. Este ano está adicado a Carlos Casares. Nas sesións de biblioteca destas semanas, falamos sobre a vida e obra do autor, limos o conto de A galiña azul , fixemos nos encerados dixitais o lim e unha fichiña relacionada co conto.






https://www.chiscos.net/xestor/chs/CRAVILABOA/a_galinna_azul1/a_galinna_azul.html

viernes, 12 de mayo de 2017

Plumilibro castrexo

Este ano celebramos a Semana do libro en abril, elaborando uns orixinais libros . Para facelos buscamos información en :" El libro de los libros", no que explican moitas formas de facer diferentes libros.

Dende a biblioteca do CRA de Bergondo queríamos seguir traballando o tema do proxecto, a cultura castrexa, entón decidiuse facer un libro pluma, con material reciclado (periódicos e restos de  papeis de cores). O contenido do libro foi o tema dos castros, os nenos e nenas tiñan que debuxar en cada papel algo do que aprenderon do castros. Para iso tamén limos un libro sobre a cultura castrexa: "Os habitantes dos castros".


Pois os nosos plumilibros castrexos quedaron así de orixinais:








miércoles, 10 de mayo de 2017

Cultura castrexa

Seguimos, dende a biblioteca do CRA de Bergondo, traballando no proxecto anual, neste trimestre toca investigar a cultura castrexa. Para iso despertamos o interese con este libro : Os bolechas queren saber como é un castro. Cada día fixemos unha sesión de biblioteca en cada escola e aula e despertamos a curiosidade dos nenos e nenas do CRA e o interes para aprender máis cousas sobre os castros e os seus habitantes. A manualidade que fixemos con este conto foi un mural dun castro coas súas casas castrexas e quedaron moi bonitos.






martes, 4 de abril de 2017

Centenario Gloria Fuertes



Este ano celebramos o centenario da escritora Gloria Fuertes.Gustoulle moito aos nenos, vimos un video sobre a súa vida e algunha poesía.









Las aventuras de un pez fantasioso


Las aventuras de un pez fantasioso trata de un pez que se inventa historias todos los días y cuando le ocurre algo de verdad nadie le cree, como pasa muchas veces....
Hicimos un juego en el que tenían que sacar de una bolsa tres objetos e inventar una historia...Salieron unas historias muy graciosas.
También pintamos un pez con un rodillo y papel de burbujas y nos quedaron fenomenal.



lunes, 3 de abril de 2017

Escornabots


Tivemos unha visita especial na escola de Carrio, uns pais trouxéronnos uns robots, chamados escornabots e fixeron unha demostración do que podíamos facer con eles. Como nolos deixaron uns días, Bieito levounos polas escolas e fixemos unhas actividades moi divertidas. Todos os nenos e nenas do CRA programaron os robots para contar, encontrar letras, parellas de contos...




jueves, 23 de marzo de 2017

Coelliño branco

Este é un conto que a todos nos gusta, Coelliño branco de Kalandraka. O contamos cunhas marionetas e foi moi divertido, algúns nenos tamén se animaron e o fixeron xenial.


Tamén vimos o conto no encerado dixital contado por outros nenos E fixemos unhas actividades LIM

http://dl.dropbox.com/u/4518185/coellinho/coellinho.html

Tamén fixemos o noso coelliño branco:



miércoles, 22 de marzo de 2017




Como este ano estamos traballando a prehistoria todos os nenos e nenas do CRA, tivemos que informarnos moito e investigar.
A través da biblioteca consultamos moitos libros :








E tamén algún contiño:





Como sempre que lemos un libro e investigamos un pouco, facemos un traballiño. Quedaron uns dinosauripos moi chulos.