jueves, 26 de marzo de 2020

miércoles, 25 de marzo de 2020

Saúdos de Bieito

Bo día! Temos aquí un saúdo de alguén que ten moitas ganas de veros:



Hoxe imos ver un conto en Kamishibai, o recordades?

martes, 24 de marzo de 2020

A mellor sopa do mundo

Ola a todo/as!
Seguimos por aquí con contiños que sei que vos gustan
Hoxe veremos un conto titulado " A mellor sopa do mundo" de Susanna Isern, da editorial OQO. Un fermoso conto sobre a  importancia da amizade, o traballo en equipo e a colaboración. Algo como o que estamos vendo e vivindo estos días .


A MELLOR SOPA DO MUNDO! from Estudios Fervelliño on Vimeo.

Tamén hai unha canción preciosa deste conto en linguaxe de signos


Elaborei unha ficha por si queredes facer na casa. Pensade nos vosos amigos, aos que estes días votades en falta .

lunes, 23 de marzo de 2020

Taballiños dos nenos e nenas do CRA feitos na casa

Aquí temos un libro maravilloso de Candela da escola de  Silvoso que  acompaña cunha manualidade preciosa dun pingüín.
Moitas grazas a Candela e á súa familia por participar dende a casa. Unha aperta grande.





RANA DE TRES OJOS

Bo día a todas e todos!
Hoxe comezamos a semana cun libro que quere concienciar sobre o coidado do medio ambiente.
Rana de tres ojos de Olga de Dios.




Tamén deixo unhas ideas para facer uns xogos caseiros con materiais que temos pola casa.
 Atoparedes a información e máis ideas no seguinte enlace:
https://www.pinterest.es/pin/338684834459109492/

Tamén quero aproveitar para informarvos que nestes días de alerta que temos que estar na casa podemos ver moitos contos en diferentes plataformas como Youtube ou Instagram nas que todos os días hai contacontos en directo, na maioría son ás 12.
Ánimo e seguide co sorriso posto.


miércoles, 18 de marzo de 2020

EL LIBRO DE LOS LIBROS

Ola a todos/as!!!
Hoxe vou a propoñer facer un libro na casa.
Atopei este libro na miña biblioteca que vos pode servir de axuda.


Deixo aquí un documento que elaborei resumindo o contido do libro

Exemplos:

Si alguén fai un libro na casa  que envíe a foto ao correo da biblioteca ( bibliocraber@gmail.com) e a poñeremos no blogue.
 Ánimo e deixade voar a imaxinación.