Os nenos e nenas da Escola das bolboretas de Carrio probárona hoxe, que vos conten a que lles soubo
A QUE SABE A LÚA?
(Editorial Kalandraka)
Había moito tempo que os animais andaban
a matinar a que sabía a lúa. Era doce ou salgada?
Só querían probar un anaco pequeno. Polas noites, miraban ansiosos para o ceo.
Estarricábanse e estiraban o pescozo...
Quen non soñou algunha vez con darlle unha dentada á lúa? Este foi precisamente o desexo dos animais deste conto. Tan só querían probar un anaquiño pero, por máis que se estiraban, non eran quen de tocala. Daquela, a tartaruga tivo unha xenial idea: “Quizais entre todos poidamos alcanzala”.
Esta é unha historia de desexos que parecen -a primeira vista- inacadables, como a lúa, pero que conseguen facerse realidade grazas á cooperación.
Unha axuda mutua da que son partícipes os máis variados animais: a tartaruga, sobre a que se sostería o mundo, segundo a mitoloxía; o elefante, a xirafa, a cebra, o león... ata que finalmente un deles, o máis pequeno de todos...
E así, a medio camiño entre a fábula e a lenda, este relato ofrécelle ao lector unha poética ensinanza que fala de xenerosidade, solidariedade e soños compartidos; cun chisco de humor, o que aporta unha lúa sorrinte, burlona e algo saltareina.
Podedes escoitar a gravación que fixeron do conto os nenos doutro cole no seguinte enlace
Podedes escoitar a gravación que fixeron do conto os nenos doutro cole no seguinte enlace
Ese conto é chulísimo! A lúa...non ides a crelo...sabe a...PALOMITAS DE MAÍZ!!!! A profe Isa trouxo palomitas de maíz para comer na escola! Estaban moi saborosas, estade atentos ao noso blogue que fixemos unha reportaxe e nos próximos días ímola colgar! Grazas Profe Isa!
ResponderEliminar