¡¡Temos libros adicados para nós !!
¿ Sabedes por qué?
Neste entroido celebrouse en Santiago de Compostela, organizado pola Facultade de Comunicación, o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade" e o noso CRA foi seleccionado para expoñer un proxecto de Ilustración:
Nestes días tan intensos coñecimos a xente fundamental no mundo da Literatura e Ilustración infantís. El@s nos adicaron libros que xa tiñamos na biblioteca do centro para @s nos@s alumn@s.
Ímosvolos presentar:
Antonia Ródenas, é escritora dunha morea de libros e poemas para nenos. É mestra dunha escola infantil e unha maravillosísima persoa. Foi un verdadeiro pracer e unha gradísima sorte coincidir con ela.
Como Antonia colabora moito coa ilustradora Carme Solé Vendrell ofreceuse a nos acompañar a que Carme nos adicara o libro. ¡Xa vos dixen que era unha boísima persoa ! Carme tamén foi moi amable connosco e é unha muller de grande personalidade.
¿ Queredes ver as dedicatorias de cerca? E que nos puxeron unhas cousas moi bonitas, vede, vede...
Por último, no Taller de Ilustración que nos impartíu Marc Taeger, pedímoslle que nos adicara un dos moitos libros ilustrados por él que temos na nosa biblioteca. Marc ten unhas ideas sobre a pintura moi divertidas.
¿ A que vos soa este libro ?
Pois vede que adicatoria máis axeitada:
Pronto a profe Isa pasará polas aulas a vos amosar en "directo" estas dedicatorias tan especiais e máis contos.
Que honor ter unos libros na biblioteca do Cra firmados e adicados por estes ilustradores tan importantes, gracias profe por asistir e levarlle os nosos libros para que nos adicaran con tanto cariño...
ResponderEliminarE que os nenos e nenas do CRA de Bergondo ben o merecen!! E á profe noraboa!!
ResponderEliminarO conto de "Unha morea de bicos" témolo en Carrio e é...fermosísimo!!! Qué sorte temos tendo libros asinados!!! Noraboa!!!
ResponderEliminar