O pasado martes, 30 de outubro, celebramos cos nosos alumnos o Magosto e o Samaín, facendo unha saída . Pasaron os autobuses a recollernos pola escolas para levarnos cara á Senra onde nos xuntamos todos e o grupo Matapiollos estábanos a esperar cunha actuación de maxia e contos que estivo moi entretida e divertida. Logo estivemos no CPI Cruz do Sar, o colexio dos maiores, onde estabamos invitados a ver unha exposición de cabazas elaboradas polos alumnos e as súas familias, eran espectaculares, estivemos a escuras, á luz das candeas, coas cabazas, morcegos, arañas... “pasamolo de medo”. A continuación marchamos a Santa Marta de Babío, onde na casiña dos artesáns, estaba o Sr. Benigno asando as castañas na lareira, das que dimos boa conta acompañando o manxar cos batidos de chocolate que nos regalaron do comedor do CPI .
Nos blogues de todo o CRA haberá fotos e vídeos da saída, deixo aquí unha mostra delas:
A nosa saída foi publicada na prensa, deixo o enlace:
http://www.elidealgallego.com/articulo/area-metropolitana/los-mas-pequenos-de-bergondo-celebran-en-babio-el-tradicional-magosto-otonal/20121030225735084264.html
Que ben o pasamos, así da gusto, tivemos un día estupendo e os nenos e nenas disfrutaron moito, igual que as profes!!!!
ResponderEliminar