jueves, 10 de enero de 2013

Benvido 2013 !!!!!!!




Xa estamos aquí de novo!. Tras unhas longas vacacións navideñas, voltamos coas pilas moi cargadas e con algúns proxectos por diante para este ano que estamos a estrenar.

Seguro que este ano vai ser moi bo para todos, a lo menos un pouquiño mellor que o anterior. Esto é o que desexamos e vos transmitimos dende toda a comunidade do CRA de Bergondo.

E para ir quentando motores, ímosvos deixar unhas fotos pertencentes ó Nadal que con tanto cariño celebramos nas escolas, onde recibimos os Reis Magos. Esperamos que vos gusten moito e que as disfrutedes. 

Como outros anos os Reis Magos chegaron dende Oriente, tiveron que deixar os camelos no outro lado da Ponte do Pedrido e ata alí Leticia do Concello e Isa foron  buscalos nos seus coches para achegalos a tódalas escolas de Bergondo onde estaban os nenos e nenas esperando para facerlle entrega das cartas que fixeran con moita ilusión.


Eles entregaron en tódalas escolas un lote de contos de agasallo,  por adiantado!!!!




A primeira escola que visitaron foi a de Carrio, e tamén algunha profe botou na caixa do correo a súa carta, buscádea nas fotos









Logo chegamos a Vixoi







E a Guísamo cando xa era a hora de merendar, observade as mesas



  Pasamos tamén por Lubre  con pena porque faltaban dous alumnos que estaban enfermos ,  os seus compañeros  pedíronlle aos reis que  se acordaran deles ,  xa están reicuperados de novo na escola e   pasarono moi ben nas vacacións.





Pois a que queda é a escola de Silvoso, xa era ó final da mañá, e logo de tanto recorrido "Os Silvosiños"  agasallaron aos Reis con unha panxoliña, escoitade:



 



1 comentario:

  1. A visita dos Reis Magos foi unha gran experiencia e foi un placer poder compartila. A gran sorte de traballar con nen@s é vivir con eles a ilusión.

    ResponderEliminar