A
Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2013 a
Roberto Vidal Bolaño, autor, director, actor e escenógrafo,
entre outras mil actividades que levou a cabo; home de referencia
para o teatro, o audiovisual e a cultura galega en xeral.
A súa produción está caracterizada polo compromiso co país e a lingua, a experimentación estética, e o diálogo coa tradición, tanto culta como popular, literaria e histórica, social e política
A súa forte personalidade deixou unha profunda pegada nos dramaturgos máis novos, cuxas consecuencias se verán co trancorrer do tempo.
A figura e a obra de Roberto Vidal Bolaño foron fundamentais na construción dun teatro nacional galego.
“Eu
son un home... un señor maior con sombreiro e bigote, que de xeito
absolutamente irresponsable, persiste na estúpida teima de vivir por
e para unha das profesións, hoxe en día, máis absurdas do mundo e
sen embargo por iso máis grandiosas.”
Roberto
Vidal Bolaño
No hay comentarios:
Publicar un comentario