O
20 de novembro celebramos o aniversario da Convención sobre os
Dereitos do Neno, que entrou en vigor en 1989. Dende entón millóns
de nenos e nenas gozaron cada día dos seus dereitos.
En
1956, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas recomendou que se
instituíse en todos os países un Día
Universal da Infancia,
que se consagraría á fraternidade e á comprensión entre os nenos
e as nenas do mundo enteiro e se destinaría a actividades para
promover o benestar dos nenos do mundo. O 20 de novembro conmemórase
a data en que a Asemblea Xeral aprobou a Declaración sobre os
Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en
1989. Por iso, o
20 de novembro pasou a ser o Día Universal dos nenos e nenas.
A
non discriminación: todos os nenos teñen os mesmos dereitos.
Isto significa:todos os nenos e nenas, en todo caso, en todo momento
e sen excepcións. Non importa a súa raza, relixión ou
procedencia ou as ideas de seus pais. Ningún neno debe recibir un
trato inxusto baixo ningún concepto.
Dereitos, por principio
Os
dereitos da infancia baséanse en catro principios fundamentais:
- O interese superior do neno: calquera decisión, lei ou política que poida afectar á infancia ten que ter en conta que é o mellor para os nenos e nenas. Cando os adultos tomen decisión teñen que pensar en cómo poden afectar aos nenos.
- O dereito á vida, á supervivencia e ó desenvolvemento: todos os nenos e nenas teñen dereito a vivir, a desenvolverse e a acadar o seu máximo potencial na vida. Isto inclúe ter dereito a cousas como unha alimentación e aloxamento adecuado, á auga potable, á educación, á atención sanitaria, ao xogo e o descanso, a actividades culturais e a información sobre os seus dereitos.
- A participación: os menores de idade teñen dereito a ser consultados sobre as situacións que os afecten e a que as súas opinións sexan tomadas en conta. Isto non significa que os nenos podan mandar sobre os seus pais nin dicirlles que teñen que facer. A participación debe ir aumentando conforme á idade e é importante para que os nenos e rapaces acaden a madurez.
Imaxe 1: A Convención sobre os Dereitos do Neno recoñece que todos os menores de idade deben ter unha protección especial e que non poden ser tratados como adultos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario