Letras Galegas: Xosé María Díaz Castro
Como cada
ano, o 17 de Maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS e, este curso
escolar, o homenaxeado é Xosé María Díaz Castro.
Poeta ao que
lle renden tributo as Letras Galegas 2014, no ano no que se conmemora o
centenario do seu nacemento.
“Xosé María
Díaz Castro naceu o 19 de febreiro do 1914 n’O Vilariño, lugar de San Vicente
d’Os Vilares, Concello de Guitiriz, Lugo. Seus pais, Isidro Díaz e María
Castro, labregos, tiveron catro fillos: Antonio, María, Xosé María e Serafín.
Na escola da súa parroquia aprendeu as primeiras letras. Aos dezaseis anos
estreouse cun poema en castelán na revista Lluvia de rosas de Tarragona, na que
seguiría colaborando moi esporadicamente. En 1929 ingresa no Seminario de
Mondoñedo, onde cursa tres anos de Latín e Humanidades, outros tres de
Filosofía e dous de Teoloxía. É alí onde confirma a súa vocación de escritor,
segundo el mesmo manifestou.....
No Concello
de Bergondo convocouse o concurso de marcapáxinas coma os anos anteriores e
todos os alumnos das nosas escolas, logo de participar, recibiron un agasallo
do concello: o libro de Os Bolechas no Consorcio das Mariñas. Buscamos o lugar
de Bergondo que sobrevoaran no seu globo: a Ponte do Pedrido :
Encantounos o agasallo que veu a entregar a cada unha das escolas a Alcaldesa. Grazas Alejandra!!!!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario