Man, o
Alemán de Camelle é a historia ilustrada dun
heroe respectuoso coa natureza e co seu entorno, un artista que non precisaba
máis que as súas mans e os materiais atopados entre as rochas para crear un
museo único, ao aire libre, do que calquera visitante da vila mariñeira de
Camelle pode gozar.
Man naceu e pasou a súa infancia en Alemaña, tiña sete irmáns e
estudara arte en Italia. En Suiza impartiu clases de arte a persoas con
problemas de integración social. O seu interese pola perservación do medio
ambiente e a curiosidade por coñecer a costa galega leváronno ata a Costa da
Morte.
Chegou a Camelle en maio de 1962 nas festas patronais e dende
aquela instalouse no pobo este alemán solitario, educado, de bó aspecto e con
aire de turista, quedouse alí para sempre.
En novembro de 2002 e durante o accidente do Prestige, a mancha
do petróleo dañou as súas esculturas. Pensa a xente que Man deixouse morrer de
melancolía e tristura.
O 9 de novembro del 2010, un temporal destruíu o que quedaba da
súa obra.
Tivemos a
sorte de ter con nós ás autoras do libro de Man, Beatriz e Laura, que nos contaron
porque e cómo fixeron o libro.Nos dedicaron
o exemplar da nosa biblioteca agasallándonos tamén con láminas das
ilustracións do conto asinadas por elas, e nos animaron a participar no
obradoiro de pintado de pedras para que nos sentiramos artistas da natureza como Man.
No hay comentarios:
Publicar un comentario