domingo, 4 de octubre de 2015

Coñecemos ao MOUCHO BIEITO!!

Por fin coñecemos á nosa nova mascota: O Moucho Bieito!



E escoitamos por primeira vez a canción que cantaremos con Bieito cada día de biblioteca, xusto antes de ler os contos: "Pois imos contar un conto" de Pablo Díaz.


Esta primeira semana, Bieito tróuxonos o seu conto, o que fala del e da súa vida no bosque. Así que descubrimos que o noso moucho é policía e vixía aos animais e o bosque tódolos días.

Tamén aprendemos que os mouchos non falan coma nós, mouchean! e usamos un reclamo para asubiar e aprender a mouchear!







E para rematar, decoramos a nosa caixa para os contos do moucho Bieito. Una chea de contos con moreas de historias que Bieito nos deixa para les durante todo o mes!




E na próxima sesión? Veremos Bieito qué nos trae. :D


No hay comentarios:

Publicar un comentario