Seguimos, dende a biblioteca do CRA de Bergondo, traballando no proxecto anual, neste trimestre toca investigar a cultura castrexa. Para iso despertamos o interese con este libro : Os bolechas queren saber como é un castro. Cada día fixemos unha sesión de biblioteca en cada escola e aula e despertamos a curiosidade dos nenos e nenas do CRA e o interes para aprender máis cousas sobre os castros e os seus habitantes. A manualidade que fixemos con este conto foi un mural dun castro coas súas casas castrexas e quedaron moi bonitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario