miércoles, 1 de abril de 2020

LIBRO LINTERNA

Bo día, outro día máis estamos aquí pensando cousiñas para facer na casa.
A miña proposta de hoxe é elaborar un libro linterna.
Necesitades:
- fundas de plástico tamaño A4.
- cartolina negra
- rotulador negro permanente.
- cartolina branca ou folio.
Só tedes que inventar unha historia e facer os debuxos na funda plástica co rotulador .
Despois colocamos dentro da funda a cartulina negra e cortamos pola parte de enriba para poder meter a linterna feita coa cartulina branca.
Ao ir pasando a linterna vense mellor os debuxos e imos contando a historia.






Tedes no lateral esquerdo o enlace á páxina GaliciaLe, de bibliotecas de Galicia. Se estades interesados fan préstamo de libros electrónicos aínda que non sexades socios/as durante o tempo de confinamento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario