martes, 3 de noviembre de 2020

Pintamos o mar con Sorolla


 

     Joaquín Sorolla foi un pintor valenciano que naceu no ano 1863, coñécese sobre todo pola luz que desprenden os seus cadros.

    Imos a coñecelo un pouco máis, para iso, preme enriba da foto.



   Sorolla pintou moitísimas obras que teñen que ver co mar, entre elas, Bieito e máis eu, escollimos "O baño do cabalo"


   A actividade que os propoñemos é a seguinte:
- collede unha cartulina e, con acuarela ou calquera pintura líquida de cor azul e con moita auga, pintade esa cartulina
- recortade unha fotocopia do cabalo e do sombreiro do neno, como a de máis abaixo, tamén podedes debuxar o cabalo e o neno


- debuxade na metade dun folio un neno
- recotamos todo, o cabalo e o neno e facemos a montaxe enriba do fondo azul que pintamos previamente na cartolina

 



No hay comentarios:

Publicar un comentario