Ola a tod@s!!
A que xa sabedes que dentro de poucos días imos estar de festa? É unha festa terrorífica chea de pantasmas, cabazas, bruxas,... siii, xa chega o samaín!
Para celebrar estas festas, temos moitos libros moi interesantes, un deles é o que vedes primeiro, titúlase "¡Cómo mola tu escoba!" e está escrito por Julia Donaldson, que escribiu outros libros que xa vistes como "El grúfalo". Este é o libro que contaremos dende a biblioteca, seguro que vos encanta, déixovos o vídeo abaixo para que o escoitedes as veces que queirades.
Outro conto moi chulo que podedes ler nestas datas, é o de "Corre, corre cabaciña", é un conto moi divertido, aquí vos deixo tamén a historia....
Apetécevos bailar un pouco? imos a facelo cunhas cancións de.... samaín, claro!
Que pasedes un terrorífico samaín!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario