miércoles, 25 de abril de 2012
lunes, 23 de abril de 2012
O 23 de abril celébrase a nivel mundial o Día do Libro co obxectivo de fomentar o gusto pola lectura, a industria editorial e a protección da propiedade intelectual por medio do dereito de autor. Elixiuse esta data pola coincidencia da morte de tres grandes escritores da literatura universal como son Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega e William Shakespeare na mesma data no ano 1616.
E... ¿por que ler?
- · Lendo un xornal sabemos o que pasa no mundo.
- · Nos libros atopamos historias que nos forman.
- · Unha palabra escrita nun cartel pode guiar unha viaxe.
- · En internet “está todo”.
- · Unha información a tempo (nun xornal, nun anuncio, nun sinal, nunha carta) pode salvar unha vida.
Os libros en xeral educan, ensinan e permiten explorar novos mundos; descubrir o descoñecido, interpretar o coñecido e despertar en nós sensacións e sentimentos a traves dos seus debuxos, das súas páxinas, dos seus personaxes,...
Lerlles aos nenos e as nenas dende ben pequenos e habitualos á lectura ten múltiples vantaxes. Ter na casa alguén que lles cante, lles conte, que lles lea e dialogue con eles con frecuencia, fai que adquiran antes e de xeito máis eficaz recursos para a aprendizaxe da lectura e da escritura.
A lectura axuda a desenvolver a linguaxe e ampliar o vocabulario, favorece a imaxinación e o achegamento a realidades propias e alleas, é unha oportunidade de conversar e coñecer os seus intereses e inquedanzas.
Habituar os nenos á lectura de distintos tipos de texto e con finalidades diferentes, alimentar o seu gusto por coñecer e facilitar a busca de información, é un bo camiño para acadar o éxito escolar.
Podemos ler o poema de Ana Mª Fernández,
e escoitalo na versión musicada de Mamá Cabra,
“Con tan só leres un libro”, aquí:
martes, 20 de marzo de 2012
PRIMAVERA
¡¡¡¡¡¡Benvida Primavera!!!!!!!
O equinoccio de primavera ou primeiro día da primavera ten comezado oficialmente hoxe martes 20 de marzo ás 6:14 horas. Esta primavera terá unha duración de 92 días e 18 horas. Rematará o 21 de xuño, día no que dará comenzo o verán.
sábado, 17 de marzo de 2012
CONTOS CLÁSICOS
Nesta temporada dende a Biblioteca estanse a recuperar os CONTOS CLÁSICOS, nesta volta tocoulle ao de HANSEL e GRETEL, tamén chamado a CASIÑA de CHOCOLATE, dos irmáns GRIMM.
Podédelo ver aquí non vídeo narrado:
E logo xogar con este conto interacivo que ten un xeito diferente de contar a historia.
¿ Vos animades ?
¡¡Boa diversión!!
domingo, 26 de febrero de 2012
ENTROIDO DE DEDICATORIAS
¡¡Temos libros adicados para nós !!
¿ Sabedes por qué?
Neste entroido celebrouse en Santiago de Compostela, organizado pola Facultade de Comunicación, o Congreso Internacional "Ilustrando a Diversidade" e o noso CRA foi seleccionado para expoñer un proxecto de Ilustración:
Nestes días tan intensos coñecimos a xente fundamental no mundo da Literatura e Ilustración infantís. El@s nos adicaron libros que xa tiñamos na biblioteca do centro para @s nos@s alumn@s.
Ímosvolos presentar:
Antonia Ródenas, é escritora dunha morea de libros e poemas para nenos. É mestra dunha escola infantil e unha maravillosísima persoa. Foi un verdadeiro pracer e unha gradísima sorte coincidir con ela.
Como Antonia colabora moito coa ilustradora Carme Solé Vendrell ofreceuse a nos acompañar a que Carme nos adicara o libro. ¡Xa vos dixen que era unha boísima persoa ! Carme tamén foi moi amable connosco e é unha muller de grande personalidade.
¿ Queredes ver as dedicatorias de cerca? E que nos puxeron unhas cousas moi bonitas, vede, vede...
Por último, no Taller de Ilustración que nos impartíu Marc Taeger, pedímoslle que nos adicara un dos moitos libros ilustrados por él que temos na nosa biblioteca. Marc ten unhas ideas sobre a pintura moi divertidas.
¿ A que vos soa este libro ?
Pois vede que adicatoria máis axeitada:
Pronto a profe Isa pasará polas aulas a vos amosar en "directo" estas dedicatorias tan especiais e máis contos.
lunes, 6 de febrero de 2012
Libro colaborativo da PAZ
Para celebrar o
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA,
fixemos un libro da Paz entre todas as Escolas e Aulas do CRA.
DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA,
fixemos un libro da Paz entre todas as Escolas e Aulas do CRA.
Para que o poidades ver en detalle premede no medio da imaxe de abaixo e irase abrindo coma un libro de verdade.
Esperamos que vos guste tanto como nos gustou a nós facelo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)












