O
24 de outubro, Día das Bibliotecas, Cristovo e Isa foron de visita a
unha biblioteca de A Coruña. Pasárono fenomenal entre tanto
tesouro, porque Cristovo sempre di: quen ten un libro ten... UN
TESOURO!!
Animádevos
a ir.
domingo, 28 de octubre de 2012
miércoles, 24 de octubre de 2012
24 de Outubro, DÍA DA BIBLIOTECA
Dende a Biblioteca do CRA de Bergondo propoñemos a tódalas familias dos nosos alumnos e alumnas que durante esta semá e co motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, se acheguen a visitar algunha das bibliotecas do Concello cos seus fillos. A Biblioteca Municipal atópase no baixo do edificio de Caixa Galicia, no cruce de Os Condes , e abre de luns a venres en horario de tarde das 16´00 a 20´00 horas, e os sábados de 10´00 a 13´00 horas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón diversas actividades en toda Galicia para celebrar o Día da Biblioteca, unha efeméride que se conmemora o 24 de outubro e que pon en valor as bibliotecas como servizos culturais e informativos de máxima relevancia para unha sociedade avanzada, necesarios para mellorar a calidade de vida e a formación do conxunto da cidadanía en condicións de igualdade.
Por tratarse dunha celebración especial, as bibliotecas nodais de Galicia da Consellería de Cultura e Educación aproveitarán este día para realizar unha xornada de portas abertas, durante a que convidarán a cidadanía a participar en visitas guiadas para amosar todos os servizos que ofrecen os centros bibliotecarios.
ILUSTRANDO A LECTURA
La
Biblioteca
Juntos en la biblioteca,
están siempre allí esperando
que alguna manita inquieta
se decida a despertarlos.
Sus hojas son ventanitas
que abren con alegría
para llevarnos a un mundo
de aventura y fantasía.
A veces leo de brujas,
otras veces, de planetas,
de princesas, de animales
o de un niño en bicicleta.
Por favor no me interrumpan,
dejadme ahora tranquilo,
que quiero leer un libro
y compartirlo contigo.
domingo, 21 de octubre de 2012
Os Cristoviños
Xa
temos cada un a nosa mascota, fixemos un Cristoviño, que nos quedou
ben chulo. Agora na casa tamén teremos quén nos anime a ler contos. Estas son as fotos das nosas obras
GUISAMO III
Aula dos círculos

GUÍSAMO II ,
Aula dos triángulos
GUÍSAMO I
Aula dos cadrados
Escola de Vixoi
Escola de Carrio
Aula das Bolboretas
Escola de Carrio
Aula das Xoaniñas
lunes, 15 de octubre de 2012
O " Lavado de mans"
O
Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da
Biblioteca, está a participar no programa enrédate de UNICEF, no
programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á
EDUCACIÓN"
O
lavado de mans é un xesto cotián que une a millóns de nenos de
todo o mundo.
Lavar
as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que
constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois
logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.
Para
fomentar que se consolide o hábito, vede o videoclip da canción
“Lava as máns cos Lunnis” antes de lavas as mans durante algúns
días.
http://www.youtube.com/watch?v=8u5ot2l7sSI
Durante o mes pasado, e co motivo do Día do lavado das máns, nas Escolas do CRA de Bergondo realizaron murais con pintura de dedos a proposta da campaña, os nenos e nenas disfrutaron moito, cantaron a canción dos Lunnis, e lavaron, lavaron...
escoitaron e miraron o conto de " A billa de Xoán" de Nova Galicia Edicións,
e xa están chegando as fotos
Cafe Roma: A billa de Xoán
Ilustracións de Pablo Álvarez Rosendo Nova Galicia Edicións. Vigo, 2007 |
![]() |
María estaba a preparar a equipaxe para marchar de vacacións de verán coa súa familia. Mentres, o fillo estaba sentado no sofá pensando en que por fin ía coñecer o mar. Entón preguntoulle á mai por que se o mar era tan grande sempre dicían que había que aforrar auga e fechar ben as billas. Para que o entendese, ela deixou a maleta, sentouse ao seu carón e contoulle esta historia:
Todos os días a mai berráballe a Xoán por deixar a billa aberta. Unha mañá que se meteu na ducha non saíu auga. Resulta que só tiñan un balde de auga para todo o día e para todos. Polo tanto, tiña que usar a mínima posible para asearse. Cando volveu do colexio, só tiña medio vaso de auga para beber. A mai díxolle que se a usaba só cando a precisase e non deixaba as billas abertas, axudaría a que tivesen máis auga. El entón prometeu aforrar tanta que nunca ían quedar sen ela. Porque comprendeu o importante que é nas nosas vidas a auga, que debemos aproveitar e conservar. |
e xa están chegando as fotos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)