lunes, 15 de octubre de 2012

O " Lavado de mans"


O Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da Biblioteca, está a participar no programa enrédate de UNICEF, no programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á EDUCACIÓN"


O lavado de mans é un xesto cotián que une a millóns de nenos de todo o mundo.
Lavar as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.

Para fomentar que se consolide o hábito, vede o videoclip da canción “Lava as máns cos Lunnis” antes de lavas as mans durante algúns días.
http://www.youtube.com/watch?v=8u5ot2l7sSI





Durante o mes pasado, e co motivo do Día do lavado das máns, nas Escolas do CRA de Bergondo   realizaron   murais con pintura de dedos  a  proposta da campaña, os nenos e nenas disfrutaron moito, cantaron a canción dos Lunnis, e lavaron, lavaron...


escoitaron e  miraron o conto de " A billa de Xoán"  de Nova Galicia Edicións, 

Cafe Roma: A billa de Xoán
Ilustracións de Pablo Álvarez Rosendo

Nova Galicia Edicións. Vigo, 2007


A billa de Xoán
María estaba a preparar a equipaxe para marchar de vacacións de verán coa súa familia. Mentres, o fillo estaba sentado no sofá pensando en que por fin ía coñecer o mar. Entón preguntoulle á mai por que se o mar era tan grande sempre dicían que había que aforrar auga e fechar ben as billas. Para que o entendese, ela deixou a maleta, sentouse ao seu carón e contoulle esta historia:
Todos os días a mai berráballe a Xoán por deixar a billa aberta. Unha mañá que se meteu na ducha non saíu auga. Resulta que só tiñan un balde de auga para todo o día e para todos. Polo tanto, tiña que usar a mínima posible para asearse. Cando volveu do colexio, só tiña medio vaso de auga para beber. A mai díxolle que se a usaba só cando a precisase e non deixaba as billas abertas, axudaría a que tivesen máis auga. El entón prometeu aforrar tanta que nunca ían quedar sen ela. Porque comprendeu o importante que é nas nosas vidas a auga, que debemos aproveitar e conservar.




 e xa están chegando as fotos


"Máns limpas, Mundo limpo, da Escola das Xoaniñas de  Carrio"


"Xa estamos impecables para o Samaín-Hallowen", da Escola das Bolboretas tamén de Carrio.








No hay comentarios:

Publicar un comentario