Dende a Biblioteca do CRA de Bergondo propoñemos a tódalas familias dos nosos alumnos e alumnas que durante esta semá e co motivo da celebración do Día Internacional das Bibliotecas, se acheguen a visitar algunha das bibliotecas do Concello cos seus fillos. A Biblioteca Municipal atópase no baixo do edificio de Caixa Galicia, no cruce de Os Condes , e abre de luns a venres en horario de tarde das 16´00 a 20´00 horas, e os sábados de 10´00 a 13´00 horas.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria propón diversas actividades en toda Galicia para celebrar o Día da Biblioteca, unha efeméride que se conmemora o 24 de outubro e que pon en valor as bibliotecas como servizos culturais e informativos de máxima relevancia para unha sociedade avanzada, necesarios para mellorar a calidade de vida e a formación do conxunto da cidadanía en condicións de igualdade.
Por tratarse dunha celebración especial, as bibliotecas nodais de Galicia da Consellería de Cultura e Educación aproveitarán este día para realizar unha xornada de portas abertas, durante a que convidarán a cidadanía a participar en visitas guiadas para amosar todos os servizos que ofrecen os centros bibliotecarios.
ILUSTRANDO A LECTURA
La
Biblioteca
Juntos en la biblioteca,
están siempre allí esperando
que alguna manita inquieta
se decida a despertarlos.
Sus hojas son ventanitas
que abren con alegría
para llevarnos a un mundo
de aventura y fantasía.
A veces leo de brujas,
otras veces, de planetas,
de princesas, de animales
o de un niño en bicicleta.
Por favor no me interrumpan,
dejadme ahora tranquilo,
que quiero leer un libro
y compartirlo contigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario