Chega o Samaín!
O
Samaín está a piques de chegar , 0 día 31 de Octubro conmemórase
o Samaín.
Nas
Escolas do CRA de BERGONDO estamos estamos
aprendendo un montón de cousas sobre esta festa que nos axudará a
perder o medo a todas aquelas cousas monstruosas, pantasmagóricas,
de bruxas, terroríficas, ...
E
xa desexando que chegue o día dos primeiros sustos cando celebremos
o magosto na Senra e visitemos a exposición de cabazas do CPI Cruz
do Sar á que estamos invitados como outros anos escoitamos o conto narrado e cantado de Corre corre, cabaciña:
CORRE CORRE, CABACIÑA
CORRE CORRE, CABACIÑA
Texto de Eva Mejuto, a partir dun conto popular portugués
Ilustracións de André Letria. Editorial OQO,
Ilustracións de André Letria. Editorial OQO,
Non vin vella nin velliña, nin velliña nin vellón. Corre corre, cabaciña. Corre corre, cabazón!, respondía á cabaza que ía rodando polo camiño, ante a mirada estupefacta do lobo, do oso e do león. Quen estará dentro dela, facendo burla das tres feras?
Corre corre, cabaciña é un conto popular portugués, de gran tradición no país veciño,. Relata a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer. Ela convence os animais para que a esperen á volta do convite e, despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario