O martes 15 de outubro é o día do " Lavado de mans"
O Colexio Rural Agrupado de Bergondo , dende o departamento da Biblioteca, segue a participar no programa enrédate de UNICEF, no programa “A auga lévanos á escola” “GOTAS POLO DEREITO Á EDUCACIÓN"
O lavado de mans é un xesto cotiá que une a millóns de nenos de todo o mundo.
Lavar as mans é unha práctica, tan sinxela como imprescindible que constitúe unha das condutas hixiénicas máis importantes, pois logra previr o contaxio de moitas enfermidades infecciosas.
Para fomentar que se consolide o hábito, vemos o videoclip da canción “Lava as máns cos Lunnis” que tanto lles gusta aos rapaces, antes de lavas as mans durante algúns días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario