Cantas
veces temos visto un neno o día dos reis, ou no seu aniversario, abrir todolos agasallos, para
logo pasar horas e horas xogando coas caixas que os contiñan?
qué poder
pode ter unha caixa para atraer máis co obxeto que o contén?
A
explicación é doada , unha caixa pode
ser cualquera cousa que o neno quera imaxinar, mentres que o obxeto en sí serve
únicamente para o que foi deseñado.
Unha
caixa baleira pode disparar a imaxinación
infantil ata límites insospechados e iso l témolo comprobado multitude de veces
nas aulas, observando ao noso alumnado
mentras xogan .
Éste poderíamos
decir que é o argumento de "Non é unha caixa", editado por la Faktoría
K de Libros. No libro, o pequeno
protagonista e interrogado constantemente, quizáis por un adulto, ¿qué fas con
esa caixa?, ao que él responde "¡non é unha caixa!". Porque para un
pequeno, unha caixa pode ser un cohete espacial, un coche ou incluso unha montaña.
Un
argumento sinxelo en historia (frases directas e curtas) e imaxen (trazos con
simples líneas), pero atraente e atractivo á vez, sobre todo polo su formato,
xa que está deseñado con aspecto e tacto similar ao das caixas de cartón,
perfecto para involucrarnos na historia.
Outra cousa
que fai moi atractivo este libro son as distincions que ten
recibido:
Foi
distinguido Libro de Honor del Premio Thedor Seuss Geisel en 2007.
Trala súa
publicación en español por FAKTORÍA K la Secretaría de Educación Pública de México o seleccionou para formar parte do “ Plan
Nacional de Lectura 2008” e do “ Banco
del Libro de Venezuela” e incluíuno la prestixiosa lista “Los
Mejores Libros para Niños y Jóvenes 2009”.
Tamén foi
Libro Distinguido pola Asociación Americana de Bibliotecas, e incluido pola
Biblioteca Pública de Nueva York en na lista ‘Uno de los cien libros para leer
y compartir’.
A
propósito de este simpático libro, déixovos
un video ("The Adventures of a
Cardboard Box") no que se pode apreciar ata ónde pode chegar a imaxinación
dun neno, xogando cunha simple caixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario