O día 30 de xaneiro conmemoramos o Día da PAZ, este curso traballamos os Dereitos da Infancia .
No salón de actos do edificio de A Senra, onde nos reunimos todas as escolas representamos os dereitos dos nenos e nenas traballados, cada escola se encargou de un:
1º ESCOLA DE SILVOSO
Quero vivir coa miña familia, que me coiden, que me alimenten e sobre todo que me queiran.
2º CARRIO I
Necesito ter un nome e apelidos para distinguirme dos
demáis nenos e nenas.
3º GUÍSAMO II
Quero que me respeten sen importar a miña relixión, cor de pel,
condición física ou lugar onde vivo
4º GUÍSAMO I
Teño dereito a
descansar, xogar e divertirme un ambiente san
e feliz.
5º GUÍSAMO III
Teño dereito a ser protexido contra a crueldade o abandono
e a explotación
6º VIXOI
Necesito atención médica e que coiden de mín cando estou enfermo.
7º LUBRE
Teño dereito a recibir
educación e a ter o necesario para estudar.
8º CARRIO II
Teño dereito a decir o que penso e o que sento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario